O Camiño ten varias vías alternativas, de maior ou menor uso segundo as épocas e circunstancias do seu nacemento:
- O primeiro foi o camiño Primitivo, que, ao parecer, foi o que seguiu o rei Afonso II na súa peregrinaxe a Santiago (inaugurando esta vía dun xeito politicamente interesado).
- O camiño do Norte, pola costa do mar Cantábrico ata Ribadeo e logo polo interior de Galiza. Alternativamente, cruzaba por Abres o río Eo.
- En Francia hai catro vías para a peregrinaxe a Santiago: A vía tolosana, que entra en España por Somport, e as vías Lemosina, Podianense e turonense, que pasaban os Pireneos por Somport para seguir polo camiño francés.
- O camiño francés, que transcorre pola meseta entrando na península por Roncesvales e en Galiza polo Cebreiro (e que foi o que desprazou en importancia aos anteriores ao facerse máis segura a rota da meseta polo avance da Reconquista).
- O camiño aragonés, era o que seguían os peregrinos que entraban por Somport.
- O camiño portugués, que recolle os peregrinos de Portugal. A Vía da Prata, por onde viñan os peregrinos do sur de España e que continuaban en Galicia polo
- O Camiño do sueste que ía dende A Gudiña.
- O camiño inglés, dende Ferrol e A Coruña.
- En Italia os peregrinos seguían a vía Francigena, polo que tamén se peregrinaba a Roma.
- As vías marítimas, que realizaban os peregrinos que partían en naves dende as Illas de Gran Bretaña e Irlanda.