Hola a todos:
Bueno, pos que queiran saber algo de nos, e tamén pos que lle interese esta aventura, decir que xa estamos aquí outra vez, para facer os ¡308 Km! que nos faltan. Espero que nos respeten as lesións sobre todo nos pes, porque desde Logroño a León chegóulle ben.
Contar que para saír de León fomos en tren dende Santiago onte domingo, hai que saír ás 9:25, co que ás 15:00 estás no albergue. Esto para o que pense en saír dende León. A verdade é que no tren fomos de maravilla, e xuntámonos con xente que tamén ía facer o mesmo que nos.
Total, chegamos a León, a cuarta gran cidade do camiño, fomos ó albergue e vimos que non está mal. Alí coñecemos xa a algúnhas persoas máis que viñeron facendo o camiño con Alex. Brasileños, uruguayos, cataláns, vascos, en fin, moita xente. Alex fai amigos ata en Australia, porque se defende ben cos idiomas, pero aquí non é difícil, porque todo o mundo está na aventura que os demais, e todos están con moi bo rollo, volvo a decilo, porque xa o dixen varias veces, pero non me vou cansar, porque te sorprende que sexa a xente de onde sexa (maioría extranxeiros) te saúden como si foras un amigo, e debe ser porque comparten algo importante contigo.
Bueno, pois pola tarde fomos a dar unha volta Juan e eu, porque Alex estaba un pouco canso, xa que a etapa do domingo foron casi 40 km. E claro, aparte de comprar algo que nos podía facer falla, fomos á famosa Calle Ancha que vai a dar á Catedral, que é preciosa, e ó Barrio Húmedo. Moito ambiente, e eso que era domingo. Tomamos os viños de León (Bierzo) de rigor así como as tapas típicas, e para o albergue, que había que levantarse cedo. (Ainda que igual nos pasamos algo cos viños, non sei, non me acordo). No albergue un dos brasileiros que coñecía Alex, perdeu a credencial e tivo que marchar sin ela pola mañá. Pero non foi que lla roubaron, eso aquí é moi raro. Foi que a deixou noutra habitación equivocadamente, e despois chamáronlle que aparecera. Pero si perdes a credencial é unha pena moi grande, porque alí tes os cuñiños de todos os albergues. E ó carné de identidade do camiño. Un disgusto.
A etapa de hoxe luns foron 25 km, de León a San Martín del Camino, todo bastante chan, pero con moito recorrido ó lado da carretera N-120. Pouco que contar, pasamos polo páramo leonés, e xa empezamos a coñecer máis á xente, Joan Bautista, brasileiro que anda como unha moto. Empeza moi amodillo, debe ser para despistar, pero despois ponlle o turbo e non o pilla nin Fernando Alonso. Carlos, outro brasileiro, este máis tranquilo. Joan, catalán que xa fai o recorrido con nos, Luis, un uruguayo que resulta que os abuelos son de Carballo (hai que jod....), Félix e Yasmín, de Madrid, Alfredo, vasco, etc, etc. En fin, un montón de xente a que coñeces e coa que vas falando polo camiño. Chegamos ó albergue e xurde a primeira anécdota, a Juan tíranlle o bastón, (unha señora que limpaba por alí), e rómpelle a calabaza (moi bonita ela) que viña con él. Vaia oh!. Si vírades a cara que puxo Juan de resignación, e non dixo nin mú (qué lle iba decir á pobre siñoriña). Xa o ano pasado perdéramos os bastóns (bueno, non exactamente, quedáronnos en León), e tivemos que comprar outros, e no primeiro día, pasa esto. Menos mal que non lle romperon tamén a concha que leva amarrada.
O pobo de San Martín del Camino non ten nada. Non existiría si non fora polo camiño, eso seguro, coma moitos outros que nos encontramos e que viven gracias ós peregrinos. Pero a diferencia de outros, éste non tiña nada que ver. Solo chamaba a atención un depósito grande que se ve a distancia e que todos chaman o ovni.
En canto á etapa, eu hoxe non quería apurar, como fixen nas primeiras etapas do ano pasado, e despois pagueino ben caro coas ampollas que me martirizaron todo o tempo. Así que fomos a ritmo, pero ben. Non había moito que ver no camiño, así que vas coñecendo e falando e cuidándote de non "queimarte", e listo.
Bueno, mañá escribirei máis cousas, e anécdotas que hai por aí unhas cuantas.
Chao.
Pepe.
Publicado por
Palotes
comentarios (0)
Publicado por
Palotes
comentarios (0)
ÁLEX:
Perdido me hallo nun pobo no medio da motaña , un albergue de hippies, cheo de merda xd.A etapa de hoxe foi desde Astorga ata este pobo, Foncebadon, onde hai un par de restaurantes , 3 albergues e moitas cabras.......
Comimos todos os peregrinos nun restaurante etivemos de chachara un rato, vin unha peli, el aprendiz de brujo concretamente, e agora escribo aquí. Non teño ganas de escribir, o teclado está cheo de merda. Mañá conto algo