Saimos de Orysson cara Roncesvalles. Non está mal dia. Seguimos subindo. Imos cara os 1.800 metros de altitude. O vento sopla fortísimo, menos mal que as paisaxes seguen sendo increíbles. Juan séguelle sacando fotos as vacas (é o del), tamén hai ovellas, cabalos e uns porcos cunha pinta.... No prato deben estar.... Non se ve ninguén co gando (pasto libre). Seguímonos topando con pelegríns de un montón de sitios. Aproveitamos para facernos fotos con eles. O vento sopla a su p.... Vemos nun alto unha virxe no medio das rocas, di Juan que é a Virxe das Rocas, calquera o cree. Imos bastante ben, pero a subida é tremenda.
Comeza a baixada, ainda peor.
Chegamos á Fontaine de Roland. Facemos un descanso, enchemos as botellas de auga, e tomamos algún alimento. Un francés estase poñendo de bolo con un chourizo enorme. Invítanos. Rímonos un pouco. Menos mal que Alex sigue manexando o francés e o inglés. Nunha destas líjanos unha extranxeira. Todo o mundo é moi amable, salúdate cando pasas xunto a eles....
A etapa de hoxe son 16 km. Xa empeza a cansar tanta subida e tanta baixada dos huev.... As pernas empezan a pesar, a sudor está por todos lados. Pasamos por sitios empedrados, enlameados.... Alex chantóu os pes na lama e case que non sal dalí, parecían areas movedizas as condenadas. Estivemos a punto de escordar os pes varias veces. Santiago vainos cuidando.
Por fin, vense unhas casas ó fondo. Roncesvalles. É un sitio pequeno, apenas hai dous restaurantes, un albergue, unha posada, unha igrexa, e un antigo hospital. Imos a cuñar as credenciais de pelegríns, coma sempre ó final de cada etapa. O albergue non abre ata as 4. Comemos e esperamos. Estamos debullados.
Entramos no albergue. É un edificio bonito, de pedra, con séculos de antigüidade. Non se sabe aínda para qué se usaba, para granxa de cabalos, ou almacén de silo. Ten unha sala grande, con máis de 100 camas. Collemos tres xunto a En e Megumi (casualidade oes...). Imos á ducha, hai unha cola de aquí a mañán. Ó final ata se duchan as mulleres no servicio dos homes. Un escándalo. Pero ben, e que hai tanta xente..... Lavamos a roupa e colgámola, pero co tempo que está non vai secar.
Juan dase conta que é o único que trouxo toda a Guía do Camiño. A maioría trouxo fotocopias.
Imos a unha misa ás 8 da tarde. Preciosa. Recíbennos con cantos gregorianos. A igrexa está a tope. Enseñámoslle a Megumi e a En a persignarse. É unha ceremonia moi aberta, para crentes e non crentes. Despois da comunión os curas chaman a todos sexan da creencia que sexan, ó altar, como é costume para darnos a súa bendición, nun ritual de mil anos de antigüidade. Fano en un montón de idiomas, ata en xaponés. Despiden a misa cantándolle a salve á Virxe. (non nos enteramos moito, porque é en latín).
Ceamos cuns cordobeses que viven en Cataluña. Fan o camiño en bicicleta. Toca ir a cama. Ás 10 apagan todalas luces, ata as 6, que toca levantarse. Todo o mundo está coas linternas de aquí para alí. Agora sabemos ben por qué había que traelas.
Publicado por
Palotes
comentarios (1)