O polvo do caminho

Diario duns peregrinos.


ÁLEX:


Boas! que tal todos? Estou de volta para contarvos un pouco todo o que vou facendo. O ano pasado vinme obrigado a abandonar como todos sabedes, 4 etapas antes do previsto, en frómista.

Pois ben, como eu penso que as cousas ou se fan ben ou non se fan, así mo ensinaron meus pais, jeje, pois vinme ata Frómista para facer eu sólo estas 4 etapas e rencontrarme con Pepe e Juan en León. Desde alí , se dios quere, faremos as derradeiras 13 etapas ata chegar a Santiago.

O día de onte paseino enteiro no tren, non me importou tanto, vaise mil veces mais cómodo que en bus, pero desde as 9 e media da mañá ata as 8 da tarde chégalle.

Unha vez que cheguei a Frómista , estaban en festas e estaba todo pechado! Como o albergue municipal estaba completo funme ó albergue privado Canal de Castilla. O que son as infraestructuras son bastante malas, pero ten un restaurante no que fan moi ben de comer. Na cea estiven de leria con 4 italianos e había tamén 3 koreanos. Acababan xusto ese día e tuvéronme contando un pouvco a súa experiencia. Tamén quedaron flipando cando a hospitaleira lles dixo que a pasta española tarda 20 minutos en cocerse.... Qué va!, decian eles, 5 minutos e fuera!

Hoxe levanteime ás 6 da mañá e entre que me desperecei e recollín todo empecei a andar ás 6:40 . O camiño foi bastante levadeiro, só 19 km, de momento aguanteino ben. Foi bastante aburrido porque os 19 km eran en liña recta e non houbo nada que ver, per bueno, fun desvariando. Cheguei a Carrión de los condes e leveime unha grata sorpresa, o pobo é moi bonito e hai monumentos que visitar. A segunda sorpresa que levei foi que cheguei 3º ó albergue, non sei cómo carallo fixen porque fun amodo e inda parei polo camiño. Ademais salín bastante tarde. Estiven falando con 2 cataláns durante un par de horas e foisenos unindo xente, case todos franceses. Mais unha monxa francesa que pa ser monxa ben que se cola ostia.....

Non hai moito mais que comentar de hoxe...AH! Si!! Hay un argentino facendo o camiño desde Roncesvalles cunha cruz de madeira de 3 metros ó lombo!!!! Cómo se vos queda o corpo?

Agora voume visitar un museo un monasterio e xa volverei ó albergue, rascala.....

UN ABRAZO!