Pepe:
Ola!!! Bueno estou agora mesmo escribindo nun ordenador vello, que enrriba ten unha configuracion de teclado o reves, asi que olvidadevos dos acentos e de algunha outra letra. Pero o importante e que internet e gratis.
Onte dormimos en Terradillos de Templarios, que foi no seu dia posesion dos Caballeros del Temple. Casi na. Hai algunha exhibicion por aqui de Templarios de cando en vez. E un pobo pequeno, non ten nada.
Decir que onte abandonaron 2 personas das que estaban no albergue, por problemas fisicos. Asi esta a cousa. Unha delas era unha catalana que conhecemos estes dias. Cunha delas tivo que marchar unha parexa que facia o caminho xuntos.
Paco o valenciano non poido facer a paella que leva dias prometendonos, pero non habia dereito a cocinha no albergue. Nalguns hai, noutros non. Por certo, Paco queria ir ata Sahagun, e dixolle os japoneses que foran ali. A chica (son dous tios e unha tia, que saen nunha foto), non puxo boa cara. Dixollo porque Paco pensaba ir ata ala, pero o final non fomos. Cando o vexan vano canear, porque foron nada mais que casi 13 quilometros mais, pero despois de andar 26,70. Casi na. Meteronse un tute de la hostia porque llo recomendou Paco....... Ay ay. Estes valencianos son asi de brutos.
Espero que vos gusten as fotos. Por certo nalgunha sae a minha sombra, pero foi a acompanhante minha durante moitos dias, asi que tamen merece unha foto.
A etapa de hoxe foron 30,10 km., de Terradillos de Templarios a El Burgo Ranero. Saimos de Palencia, entramos en Leon provincia. Tempo previsto 7 horas e media.
Saimos as 6:30, tranquilos. Os primeiros 12 km non tes nada, nin pobos, nin nada importante que ver. Nesta parte fun tranquilo, lento. Disfrutando do Caminho en si, pensando. Juan, Paco e Ivan van rapidos. Eu o meu ritmo, quedeime atras.
A verdade e que foi unha etapa de soidade, ainda que non tan dura como outras anteriores. Levei a musica posta todo o tempo. Un pobo destacable e Sahagun. Pasado explendoroso. Creciu gracias o monasterio benedictino de San Benito, refundado no seculo XI por Alfonso VI. Pouco queda daquel conxunto, pero o arco da entrada esta ben (ver foto).
Andar e andar. Ai polas 12:30 douseme por entrar en Internet, co mobil. E a primeira vez que son capaz de entrar este ano no caminho. Cando vin os comentarios, levei unha alegria grande, e chegaronme a alma. Pero o de Gustavo emocionoume de verdad e non poiden conter as lagrimas. Menos mal que iba solo. Eu espero, desexo e pido, que se ponha ben, e supere esa mala racha. Tamen pido para que o caminho me faga ser mellor persoa, neste mundo dominado polo egoismo. Asi de claro. Eu, dende logo, vouno intentar. Solo espero seguir percorrendo o caminho da minha vida co mesmo espiritu deste Caminho de Santiago.
Bueno, ejem, ejem, que nos ponhemos tristes, e non e para eso. El Burgo Ranero (vaia nome, debia haber moitas arrans), pois e un pobo normalinho, coma todos estes. Entras pola "Calle Real". Curioso que sempre pases pola Calle Mayor, ou a Calle Real. Sempre. Pensei que iba chegar bastante tarde, ai polas 2 ou 2 e media. Ai pola 1 e algo vin o letreiro. Que alegria!. Juan xa estaba duchado. Non sei como fai, pero anda como unha moto. E despois di que eu estou dopado.
Por fin Paco fixo algo de comer. Como non habia paellera, fixo un espagueti que estaba de medo. O problema e que agora temos que facerlle nos unha queimada. A ver cando.
O albergue municipal esta bastante ben. Ten un hospitaleiro algo ronhon, pero despois e bo tio. Tiven que interceder para que deixara dormir fora a uns rapaces que non tinhan sitio. En principio non lles deixaba. Que podia vir a policia. Pero dormen detras do albergue.
Saudos a todos os que vedes o blog e a todos os que comentastes algo. Espero que sabado estemos por ai e xa falaremos. Dende logo a experiencia para min foi impresionante. Incluso non me importaria seguir uns dias mais. Non, non estou loco, pero penso que cando empecemos o ano que ven outra vez, imolas pasar canutas de novo. Pero bueno, hoxe vimos unha sudafricana, que leva 16 dias andando e ten os pes......
Un abrazo moi grande amigos.
Publicado por
Palotes
comentarios (4)