ÁLEX:
Hola! Aquí estou outra vez.
Onte deixeino xusto cando me iba visitar un monasterio de antes do siglo 9. Chulísimo. Á volta fun cargalo móvil á sala común e alí había uns compañeiros do albergue tocando a guitarra e cantando. Eran alemáns , e uníuselles ó grupo unha Californiana chamada Sissy. Estiven falando con eles un anaco mentres un tocaba a guitarra, foi un momento memorable a verdad, nunca cargalo móvil foi tan divertido jaja.
Pouco despois funme pa cama.
A etapa de hoxe transcurría dende Carrión de los condes ata terradillo de los templarios, onde estou agora. Fíxoseme durilla, especialmente os primeiros 17 km nos que literalmente "non hai nada". Cheguei ó albergue bastante escarallado, pero repúxenme ó ver o mesmo: edificio noviño, impecable, con bar restaurante , xardíns enormes con terraza e piscina, habitacións comodísimas.... Quedei flipando cando a tipa do albergue me dixo que era o primeiro en chegar, efectivamente. Non sei que esta pasando estes dias que a xente vai lentísima, eu paro a descansar 3 ou 4 veces na etapa, e aínda así cheguei de primeiro (algo que nunca me pasara). Ademais ata que pasou unha hora e media non chegou o segundo, en fin.
Hoxe atopeime cunha muller que vén facendo o camiño a cabalo e cun can. O can é mais educado ca min, ata chorou por ela cando foi deixalo cabalo jajaja.
Non hai moito mais que contar, excepto que me doen as pernas e tuven durmindo toda a tarde, e vendo un par de pelis no móbil.
Espero contarvos cousas mais interesantes mañán, desde El Burgo Ranero.
Un abrazo!!!
Publicado por
Palotes
comentarios (0)