O polvo do caminho

Diario duns peregrinos.

Ola a todos. ¿Cómo estamos por Galicia e polo noso Bembibre? Nos estamos a tope de forza espiritual, despois de 7 días do Camiño, e de casi 140 quilómetros recorridos a pé. ¿Cómo nos sentimos? ¿Qué tal estamos fisicamente? ¿Qué cambios estamos sufrindo na nosa vida pola experiencia vivida? De esto imos falar hoxe.
Polo de pronto, onte, estivemos en Estella, visitamos a cidade, e coñecemos algo máis de esta vila Navarra, que algún tempo foi a capital do Reino. Ese Reino de Navarra que chegaba ata Francia (baixa Navarra). Con certa dificultade, eso sí. Porque os kilómetros pesan nas pernas. Nada é doado. O cansancio acumúlase, e vaia si se acumula. De todas formas, físicamente, estamos moi ben. Tíñamos moito medo ás ampollas, ás dores musculares, a contratempos físicos que incluso poideran deixarte fora deste rollo (coñecemos a varias persoas que tiveron que abandoar nestes días). Pero, a decir verdade, despois da séptima etapa recorrida, non nos podemos queixar.
Alex tivo fai tres días xa, un pequeno problema con unha ampolla. Resolvíuno ben, pasóulle agulla e fío (deixóu éste dentro da ampolla) e santo remedio. É o que aconsellan, e o remedio é efectivo. Juan tamén tivo os seus mais ou menos con unha rozadura. Normal cando andas tanto. Pero tamén resolveu o contratempo, con paciencia, e con crema. E Pepe tivo, e ten, bastantes problemas musculares. Este tipo de problemas son moi normais, xunto ás ampollas. As pernas non están acostumadas, e os músculos resíntense que da gusto. Pero nada que impida seguir con certa normalidade. Así que aquí estamos, TRES DUBRESES, tres aventureiros, vivindo unha experiencia nova. Sufrimento, espiritualidade, búsqueda interior. Eu qué sei, o caso é que estamos aquí, e estámolo compartindo con todo aquél que queira. Estámolo compartindo con vós.
Antes de falarvos de outra etapa, ¿vistes as fotos todas? Se non as vistes, xa o podedes facer, porque son chulísimas. Olvidádevos de que estamos nós nelas, e disfrutade do CAMIÑO.
Bueno, pois deixamos hoxe pola mañá o Albergue Municipal de Estella. Por certo, onte estivemos a punto de dormir na rúa. Estos sitios pechan normalmente ás 10 da noite. E as 10:15 éste albergue concretamente, impón o SILENCIO. Isto é, que todo o mundo ten que estar durmindo. Sí sí, pero non vén mal, porque as 5:30 ou 6:00. xa todo o mundo está levantándose. ¿Por qué? sinxelamente porque é mellor andar cando o sol non está aí queimándoche o lombo, a cara e os brazos. E tamén porque así chegas antes ó Albergue. Isto é importante, se non quedas sen habitación. Pois, como dicíamos, por pouco quedamos a "vintemperie" que diría algún. Estivemos tomando un café nun bar do lado cun grupo de cataláns e madrileños, despistámonos, e cando nos demos conta, eran as 10:05. Vaia bronca nos caíu. Coma si estivéramos internos nun colexio.
O primeiro que vimos hoxe, interesante, foi a FONTE DO VIÑO, e de BODEGAS IRACHE e, aparte de auga, da viño, noutro grifo. É curioso, pero viño bebes pouco, porque non estás para florituras. Eso mellor cunha boa chuleta. Como di o mensaxe da bodega: "Peregrino, si quieres llegar a Santiago con fuerza y vitalidad, de éste gran vino echa un trago, y brinda por la felicidad". Pero algo todo o mundo proba.....
Pouco máis hai que destacar hoxe. Pasamos por Villamayor de Monjardín, por onde contan que "guerreou" Carlo Magno. E alí, hai unha fonte dos Mouros, gótica, do século XIII. Tamén vimos (de lonxe) o Castelo de San Esteban do século X. E pouco máis hai que contar. Paisaxes secos, sin auga (fontes), e con moita herba seca.
A verdade é que andivemos 20 quilómetros bastante rápido. Porque ás 12 menos cuarto, estabamos no albergue. Aínda estaba pechado. Manda trunfo. Fomos ó Albergue da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Navarra.
Imos aproveitar para contarlle a algún interesado en facer o camiño, algún detalle para que o teña en conta. En primeiro lugar, unha das cousas super importantes é O EQUIPO, que un debe traer. Din que debes meter na mochila o mínimo imprescindible e despois sacar a metade das cousas. Ou sexa, moi importante simplificar. Unha mochila adecuada (nin moi grande, nin moi pequena). O que fai falla levar, tédelo en moitas páxinas do camiño. Nós podemos dicirvos o que nos parece interesante que levedes.
As mudas son importantes, o bastón tamén (non é ningún adorno, axúdache moito a subir, e a baixar as costas), unhas boas botas (usadas, para que non saian ampollas na primeira etapa xa), unhas sandalias (nada máis chegar, debes sacar as botas e os calcetíns, e airear os pés), un saco de durmir (dormes todolos días nel, porque non che dan sabas nos albergues), unha esterilla para poñer por debaixo do saco. Impermeables por se chove, poncho para cubrir a mochila da choiva. UN BOTIQUÍN co máis básico. Funda de almofada (importante pola hixiene). Pinzas para colgar a roupa húmida. Unha lanterna. Tapóns para os oídos (prevención contra tenores nocturnos) E, como hai que ser prevenidos, levar algo tamén para o POLVO DO CAMIÑO........
Outra cousa é traer unha guía, ou fotocopias dunha. O Camiño é o primeiro itinerario cultural europeo, declarado polas institucións europeas. Así que é moi interesante.
A etapa de hoxe é, según todalas guías, boa para sentir a SOIDADE. Isto é, como non hai moito que ver no camiño, a paisaxe non é nada especial, e incluso nin pasas por pobo ningún nas últimas 3 horas, dache tempo para pensar. ¿En qué? En moitas cousas. ¿Cambiarame a vida despois de facer o camiño, como dín? ¿Teréi que cambiar eu a miña existencia e forma de vida? ¿Ou seguiréi facendo o mesmo de sempre? Aaaaaaah! Pero pensar pénsalo, porque iso din do camiño. ¿Seguirá Alex indo ó Reyva tódalas mañás a papar un colacao con Croissant? Chiño seguramente espera que sí..... ¿Seguirá Juan tan namorado das Galiñas de Mós? ¿Seguirá Pepe enfrascado no medio dos papeis sen levantar a cabeza? Ou deixaremos todo e viviremos unha nova vida.....
Esperamos non cambiar demasiado, non vaia a ser que cando cheguemos alá, non nos coñeza ninguén. O caso é, que seguramente o Camiño nos cambie para o resto das nosas vidas, sen darnos apenas conta. Ser, é unha experiencia distinta, e inolvidable. Ainda que só fora unha semana, os recordos, e os detalles vividos, seguramente nos quedarán na retina por tempo.
E despois de todo este rollo, deixámosvos que xa é horas.
Un saudiño a todos éh.