O polvo do caminho

Diario duns peregrinos.

Está chovendo, almorzamos no albergue de Saint Jean. Das consecuencias do almorzo falamos mais adiante. Sacamos de chubasqueiros e "ó camiño". Na porta, un grupo despistado pregúntanos si hai que ir para arriba ou para abaixo ¿?. Saímos animados, xa estamos na senda que agardábamos. Atravesamos a ponte romana, por onde van dende antigo os pelegríns, e chegamos a un desvío, onde collemos a Ruta de Napoleón para ir a Roncesvalles (a máis dificultosa, pero tamén a máis bonita). Enseguida nos damos conta de cómo vai a ser.... unha costa interminable. Dura, moi dura a etapa. Menos mal que é corta. 9 kilómetros ata o albergue de Orysson.
Descubrimos unha paisaxe similar a Galicia, vendo vacas, ovellas, cabalos e mesmo porcos, pastando libremente na montaña. Non nos cansamos de sacar fotos. A Juan por pouco lle da algo dunha vez que a cámara non iba.
A medida que subimos os Pirineos, vannos amosando o seu esplendor, vales fértiles ao fondo, paisaxes inmensos, parecemos andar polas nubes. Polo menos así imos levando mellor a tremenda subida. Costa creer que fai 200 anos o exército napoleónico, viñera por esta mesma ruta, camiño de España a darnos vara.
Aparecen as primeiras consecuencias do desayuno. Alex empeza a retorcerse de fortes dores, ten mala cara, pero aguanta como un campeón. Os seus dous compañeiros siguen adiante... pero con él. (Quid pro quo).
De repente un cartel, falta 1 Km para o albergue Orysson. Fáise interminable. Menos mal que non chovíu nada, si non... Fotos, e mais fotos. De pronto, aparece alá o lonxe. Ai, qué alivio, sobre todo para Alex que estaba botando o fíjado. Juan xa non sabemos ónde está. ¿Estará perdido nun desvío equivocado? ¿quedaríalle algo en Saint Jean, e tería que ir alí? ¿Quedaríase falando con algún gandeiro francés? ¿Estará tirado de cansancio? Non, pouco despois aparece fresco como unha leituga (ejem, ejem).
No albergue encontrámonos con xente de todo o mundo. Mesmo na habitación temos como compañeiros, dúas xaponesas (Megumi i En), e un francés (Pierre).
Pierre vive e traballa en París, ven dende Le Puy, leva 25 días de camiño, xa.
En e Megumi son xaponesas, de Tokio. Son amigas dende o instituto. En estudia Administración de Empresas, Megumi odontoloxía. Viaxan por todo o mundo e teñen moito interés por todalas culturas. Entendémonos con elas en inglés (bueno Alex enténdese con elas en inglés, Juan e Pepe nothing de nothing).
Durante o día aproveitamos para escribir cousas do diario, e tamén para lavar a roupa sucia por primeira vez.
O albergue está moi ben. Somos pouca xente, pero de moitos sitios: Canarias, Corea do Sur, Francia, Alemania, Japón.
Ceamos todos xuntos, como unha gran familia. Alí contamos as nosas batallas i experiencias.
Hai moi bo rollo entre todo o mundo. Temos todos un obxectivo común.
Ás 10 imos a dormir. Mañán toca madrugar de novo.

Chega a hora de saír para Francia. Antes de coller o autobús, aparcamos o coche. Pero demos tantas voltas para encontrar sitio que agora non sabemos ónde está. No autobús a Pamplona atopámonos con xente agradable que se para a falar contigo, pregúntache e eso, como unha señora de Estella moi amable, e unha parella de cataláns, que tamén fan o camiño.
Chegamos cedo a Pamplona, mercamos algún detalle que nos faltaba (tapóns para os oídos, agullas, tiritas para as ampollas....) Collemos un taxi con un conductor moi enrrollado, contóunos moitas cousas de Navarra, a súa cultura, deportes. Ata foi pelotari. A pelota vasca é un deporte moi popular entre Navarros e vascos.
Chegamos a Saint Jean Pied Port. Na Asociación de Amigos do Camiño, atendéunos un francés moi simpático, era o único que falaba español. Alí pesamos as mochilas: 9 kilos pesan duas, e 10 a terceira; xa nos pasamos un pouco. O señor buscóunos un albergue, casi non había sitio en ningún. Imos comprobando que hai xente de todo o mundo, canadienses, italianos, ingleses, etc, etc. Chegamos ó albergue. A Alex e Pepe tocóulle unha habitación con catro italianos enrrollados. Pero Juan tivo máis sorte, dormíu con Beatrice, unha francesa (na mesma litera); o señor do albergue bromea, dixo que para cambiarnos por Juan, tiñamos que pagar 20 euros..... Tamén nos pregunta de ónde somos, e o dicirlle, "de Santiago", comenta "ónde queda eso...." (risas).
Damos unha volta polo pobo, vemos moitas ikurriñas, os carteis todos en francés e vasco, nótase que estamos no Pays Basque. Están en festas. Visitamos a igrexa de Notre-Dame du Bout du Pont, a ponte romana, a Cidadela, a rúa de España. E un sitio acolledor. Pola tarde hai un "encierro" por unha das rúas. Comemos no Chez de dé. Menú de peregrino, 10,60 €. Ben.
Pateamos todo o pobo para encontrar un sitio con internet ou wi-fi, e actualizar o blog. Pero nada. Sábado + festas = pechado.
Chega a hora de cear. Paolo e Giancarlo convídannos a "mangiare un piato di pasta" con eles. Rexeitamos a invitación (non vaia a ser que outro día teñamos que convidalos a Cachena ou Galo Mos).
Antes de dormir poñémoslle a funda a almofada e abrimos o saco de dormir, é recomendable pola hixiene.