Boas! estou de novo por aquí. Onte non poiden escribir porque cheguei reventadísimo. Vén sendo unha tonica estes ultimos días nos que as etapas son moi longas.
A etapa de onte eran, en principio, 30 km, algo mais do normal. Cheguei ó albergue a unha boa hora porque Joan Bautista , un brasileiro de 50 anos, me iba impoñendo un ritmo de carallo. O tipo era corredor de maratóns e nótaselle, vai in the flame todo o camiño. O albergue non era moita cousa, o que me molou foi que tiña un xardín con sombrillas e hamacas para descansar. A chica que viaxa a cabalo e co can tuvo 2 horas dando voltas para atopar sitio po bicho. Resulta que os cabrons do pobo pechan as cuadras municipais, e fanse os tolos para levar os que van a cabalo a unha cuadra privada e , por ende, pasar por caixa.
Estiven un bo anaco conversando cun grupo que hay aqui formado no camiño, por varios uruguayos, cataláns, alicantinos e brasileiros, e quedo en facer a etapa do domingo(hoxe) con eles.
Así, ás 5 e media de hoxe levantámonos, e preparamos para marchar. Como onte acabei bastante jodido, decidín enviar a mochila cunha empresa que se dedica a iso, pra aguantar os 37 km da etapa mais longa de todo o camiño un pouco mellor. A etapa non tiña nada, 37 km de camiños de pedras para pensar e cagarse en todo XD. O problema de facer 37 km chega cando levas 27 e aínda che quedan 2 horas e media. Empezas a baixalos santos todos cantos hai. E que joder, entras en León e veña,nada,nada, sigue...... ata o albergue case 1 hora desde a entrada da cidade.
A falta de pouco quedo sen aquarius e intento buscar un bar, pero tan todos pechados, menos obviamente, os chinos. Qué grandes personas......
E no albergue falamos de que a etapa foron sobre 40 km, senon non se explica.
Botei como unha hora facéndome curas, entre ampollas, cremas e voltaren . Aínda teño que lavala roupa toda e despois deitome. Chegan Pepe e Juan e cando me ven coxeando din ooooii....jajajaj. Tranquilos oh que estou ben. Xa na habitación os uruguayos tratanme de heroe por facela etapa completa( eles colleron un taxi, hai que joderse.....) e falamos un anaco de mañá.
Despois quedeime sopa, e agora levo un anaco escoitando tiempo de juego, antigo carrusel. Igual aínda vexo El aprendiz de brujo no iphone. E que me está dando a vida o aparatiño este. Música, tódalas radios, peliculas, internet para informarme e estar conectado cos meus amigos, xogos, aplicacións de todo tipo como unha guía do camiño que uso moito, GPS, mapas...pf en fin calquera teléfono pégame a risa ó lado del.
E sí, mandei a tomar polo cu a visita a León, xa virei en tren en calquera momento, agora necesito descansar, senon non podería continuar. Mentres vos escribo isto, juan e pepe fóronse de visita pola zona vella, cabronazos.....jajajaj.
Ala, vou durmir , tamañá!!!!!
Publicado por
Palotes
comentarios (0)