O polvo do caminho

Diario duns peregrinos.

¿Qué pasa?
Bueno nos, despois da etapa de hoxe, moi cansados, e doloridos. Viñemos de Logroño a Nájera, e foron 30,70 kilómetros, pero como é a primera deste ano, parecían interminables.
Esta noite dormimos bastante mal ou nada, un calor axfisiante. Agora mesmo, son as 8:30 e estamos a 34 grados.
Saímos ás 6:10 AM, e os termómetros marcaban 23 grados. Pasamos por un parque chulo, LA GRAJERA, e deixamos atrás Logroño. "Lorenzo" xa quere saír, pero as nubes non lle deixan. Encontrámonos cun tipo con barba e pelo largo, nun chirinquito no medio da nada, Oficina del Peregrino Pasante. O primeiro que pensas é que está tocado, pero o achegarte ves que ten unha furgoneta para levar as mochilas, un libro de firmas, carteis, "montao" ten o chollo.
Pasamos xunto a uns japoneses, "buen camino" e sorriso agradable. E comenzamos a ver os viveiros de Rioja, de Tempranillo. Segues a sudar, dende a primeira hora, ¿pero estas camisetas non eran transpirables? Pois o sudor cae a pichos.
Chegamos a Navarrete, e facemos un descanso, ven moi ben. Xa parece que levamos un montón andando, pero ainda son as 9:00.
Segues tirando pa diante, mirando a veces ó horizonte, porque tampouco hai moito que ver. Mentres pasas por xente que fala todos os idiomas. Esto do camiño impón. Os pes ¡arden!, si non fora por estes calcetíns de Decatl.... (non se pode facer publicidade), as ampollas reventaban as botas.
Os últimos quilómetros fanse interminables, pobres pes, xa os apoias de todas as maneiras para que non che doian.
Por fin chegamos ó albergue, está bastante ben, e con aire acondicionado. Moi ben ó principio, pero pola tarde o aire xa non se nota nadiña. Somos un montón de xente nunha nave.
Ducha, lavar a roupa, comemos ben, e siesta ó lado do río, nun parque verde. Ben, bastante ben.
Bueno, imos colgar fotos canto antes poidamos.
Bicos, falamos, chao!!!