Hola:
A etapa de hoxe SARRIA - PORTOMARÍN. 22,40 Km.
Saímos máis tarde que outros días, porque temos o albergue de Portomarín reservado. A cantidade de xente que vemos no camiño e espectacular, chámanos a atención, polo que decía onte, que moita xente se incorpora nesta primeira etapa. A etapa transcurre polas aldeas dos concellos de Sarria, Paradela e Portomarín, con amplios exemplos de románico, pistas e pontes medievais.
Pasamos por Ferreiros, que era onde antigamente existían moitos ferreiros que se dedicaban a arreglar o calzado dos peregrinos e as ferraduras dos cabalos. Tamén traballaban moito para o monasterio de Samos.
Pasamos pola pedra que sinala que faltan 100 km a Compostela. As rodillas seguen a ir mal.
O mais destacabla quizás é o propio Portomarín. O primeiro é decir que a súa historia é interesante, dende que todo o pobo foi trasladado ata o emprazamento actual, cando se fixo o embalse de Belesar, no Miño (anos 60). Que a Igrexa foi levada pedra a pedra ata onde está hoxe. Que ten unha festa da augardente moi coñecida.
Chegamos de primeiros ó albergue. Neste albergue xa non vemos o espíritu do camiño que vimos ata agora. Primeiro polo propio albergue que non garda as formas que debe ter, o meu modo de ver, un albergue do camiño. Nin hai o silencio debido, nin tes a sensación de estar facendo o CAMIÑO DE SANTIAGO, que é algo máis que mercantilismo puro, con todolos respetos por aqueles que teñen albergues privados coma este de Ferramenteiro. Tamén, hai moita xente que ven a facer os últimos kilómetros que non ten nin idea do que é o camiño e o seu significado. Veñen coma quen ven a unha festa campestre, de cachondeo. Por poñer un exemplo, ves a xente con maletas pequenas coma si estiveran nun hotel, fan ruido despois de apagar as luces, non te deixan dormir, hai que chamarlle a atención... en fin, penoso. Nada que ver con toda esa xente que encontramos fai dous anos, o ano pasado, ou este ata agora. E despois din que a xente xoven non ten educación. Pois ata agora todo o mundo demostrou moita. A partir de agora non sei o que imos encontrar.
Decir que pola tarde fomos a misa, onde nos sorprendeu o cura cantando o himno a alegría. Tamén nos dou a bendición a todos os peregrinos.
Rímonos moito con Luis, un dos uruguayos, porque ven facer un camiño raro. Primeiro empezou andando, despois parece que encontrou unha boa amistade con Sonia, que fai o camiño a cabalo, e dóuselle por comprar unha bicicleta para acompañala, e calquera día termina facendo o camiño enriba do cabalo. Un caso.
Bueno, nada mais que contar por hoxe.
Ata logo. Pepe.
Hola:
Etapa de hoxe: Triacastela - Sarria. 18,5 Km. Hoxe chegamos a Sarria, onde empezan moitos peregrinos, xa que é a última localidade onde se pode empezar e que quedan máis de 100 km. Nos levamos andados ata hoxe dende que empezamos fai dous anos en Francia 643,10 km. Casi nada. E fáltannos coa etapa de hoxe 133,60 km. Non está mal.
Físicamente pódese decir que estamos ben. As etapas chéganlle ó corpo, pero estamos aguantando. Eu, increíblemente e comparando co ano pasado, non teño nin unha sola ampolla nos pes. Non o entendo, fai dous anos os pes ben, as pernas mal, con dolores de rodilla, gemelos, etc. O ano pasado os pes un desastre, as pernas ben. Este ano os pes ben, as pernas mal outra vez. Pero prefiro así, xa que si tes os pes mal, sofres moito máis. Por outro lado Alex, vai a mellor, e está ben. Juan tampouco ten problema ningún. Pero penso que inflúe bastante que cada duas, ou como moito tres horas, descandamos entre 15 min e media hora, onde sacamos botas e calcetíns, secamos, aireamos e masaxeamos os pes.
Non hai moito que destacar da etapa, mais que imos xa moito en grupo, ainda que cada ún ten o seu ritmo, pero así sempre tes tamén con quen falar. A diferencia de León, encontrámonos con pasillos de castiñeiros, carballos e outra vexetación.
Sarria é a población do camiño con maior número de albergues. Hai moita xente por alí. Chegamos ó albergue San Lázaro. Está ben. Imos a darnos esa ducha que da gloria, rímonos a fartar con Carlos o brasileiro, e as súas contínuas bromas. Carlos di que, como fala portugués, e todos falamos español, "ninguén me entende, falo e falo, pero ninguén me entende". Tamén está sempre coa broma das pulgas con mochila que van de albergue en albergue detrás dos peregrinos. El di que tamén sellan a credencial. E non se equivoca moito, xa que moitos peregrinos levan estes bichos dun albergue para outro. Nos de momento non temos problema, pero algún do grupo está bastante picado por estes animais.
Con todo esto imos a comer. Aproveitamos para ir á feira todos, e alí metémonos nunha pulpería. ¡Qué ben comemos!. A xente alucinou co pulpo, o viño, o churrasco e os cafés de pota e os chupitos. E os gallegos encantados. Ata acabamos cantando a rianxeira todos. Un show.
Despois de comer, aproveitamos para ir visitar o MONASTERIO DE SAN JULIAN DE SAMOS. Sería imperdoable non ir. Foi fundado no século VI, pertenece á orde dos benedictinos. É impresionante. E moi grande, e ainda viven monxes nél, concretamente 14. Un deles recibiunos na porta e vimos a outro cuidando no xardín. Por dentro non se pode describir o que hai, pero entre os claustros, a Igrexa, a Sacristía, e as pinturas, todo o mundo quedou completamente alucinado.
Pola noite chovíu bastante, esperamos que mañán no pase o mesmo.
Ala, ata logo.
Pepe.
Hola:
Etapa O Cebreiro - Triacastela. 21 km. Despois da xornada de onte, esperamos ter un día máis tranquilo, ademais non son moitos kilómetros. Pero os comenzos son malos. Seguimos con bastante subida, e parece que imos pola tónica de onte. Estamos nada mais e nada menos que na serra do Caurel. Pasamos pola parroquia de LIÑARES, (Santo Estevo de Liñares), con igrexa prerrománica incluída. Pasamos por Hospital e polo Padornelo, reino das losas de pizarra. Levamos tempo preguntándonos onde cóño haberá un sitio para almorzar. Preguntámoslle a un señor no Padornelo, dinos que ó acabar a subida, hai dous bares. Si nos chega a decir que non, xa lle íamos pedir algo para beber.
Chegamos arriba ó Alto de Poio, sin alento. No primeiro bar, estratéxicamente situado, paramos. Parece unha taberna que non vai ter moita cousa, pero a xente está preparada de raios, esto do camiño, espabílaos. Ten cafés, tostadas, zumo de naranxa natural... o que sexa, coma en calquera cafetería que se precie. En fin, seguimos a xornada sin grandes sobresaltos. Pasamos por Filloval. Aquí os peregrinos antiguamente collían unha pedra calcárea para levala ós fornos de cal de Castañeda en Melide. Pasamos pola ermida máis pequena do camiño de Santiago. As vistas seguen a ser chulas. As Rubias Galegas, pasean polas leiras todas rufas.
Finalmente chegamos a Triacastela, así denominada porque antigamente había tres castelos. Non queda nada deles, nin do hospital de peregrinos. O pobo funciona de cara ós peregrinos. Hai varios locales e ten bastante vida, é coma os sitios onde se veranea, a xente comendo nas terrazas e todo eso.
O albergue está normalillo. Fomos ó da Xunta, ainda que hai máis. Pero está bastante vello, necesita unha reforma. Comemos no bar do lado do albergue. Bastante ben. A xente que non coñece ben Galicia, queda encantada cos pratos que hai, e os locais todos onde comemos cumpren, moi pero que moi ben.
Pola noite facemos o primeiro "Concilio", onde nos reunimos o grupo de "Prelados" para decidir a qué albergue imos o día seguinte. Rímonos xuntos e reservamos xa nun albergue. Hai unha cousa moi clara, cada ún vai cómo vai, facendo o camiño, pero os albergues son importantes, e en Galicia xa hai moitos problemas para reservar, porque empeza moita xente a facer os últimos kilómetros para cumplir co rito xacobeo. Pero si non chegas a tempo o albergue, ou reservas nun albergue privado, quedas fora, xa que chega unha hora que xa non hai praza en ningún sitio. De feito xa empezamos a ver moitos peregrinos sin mochila, e outros que ves que son novos porque non os viches antes de hoxe.
Bueno pois damos unha volta por alí, vémolo partido de fútbol no bar de enfrente (o Barcelona gana coma sempre), e compramos algo no super para a noite.
Nada mais, ala talogo.
Pepe.