PEPE:
¿Qué pasa? Por aquí andamos, e andamos e andamos, e a ver cando paramos....
Onte había unha chica no albergue que daba masaxes, e no pensei. Pero ós pes non hai que facerlle, este ano teño as ampollas do ano pasado e mais as deste, vou andando que parece que fago marcha, porque xa non sei cómo apoiar os pes. Ó final, vas andando e pensando noutra cousa, miras po paisaxe, e falas con moita xente, así non pensas: "cago en todo".
Bueno, no albergue de onte, déronnos de cear, sopa de calabacíns, e polo asado con patatas. Por certo que á parella de Pamplona debémoslle caer ben, porque nos deron a botella de viño deles, porque non a bebían. O mais bonito é que a cea non se cobra, solo cobran a "voluntade". Este espíritu do camiño é a hostia, con perdón. Pero é así, veste sorprendido e desbordado por esta xenerosidade que hai, este rollo tan distinto o materialismo que nos invade todos os días, que andamos a hostia limpia si alguén nos pasa diante, ou por calquera outra cousa.
Hoxe saímos ás 6 e media aprox. Era de noite e non se vían as sinais, tes que ir con linternas porque nos cruces pérdeste. O mais destacable é que subimos os montes de Oca, que son bastante bonitos, e tranquilos, non oes ruidos da civilización, coma onte, ou moitos días, que pasamos ó lado de carreteras e os coches pasan e pasan. Pero a subida ós montes foi bastante dura e larga. Menos mal que fomos falando con xente e ademais ata as 12 non saíu o sol, prácticamente, estivo aí agatumado, como diría o meu amigo Chucho Rei (saúdos para él si ve ésto), e eso veunos moi ben, porque non foi tan duro.
Hoxe quero saudar ós meus amigos do teatro, para que se animen a facelo camiño. Quedas verdadeiramente sorprendido da cantidade de xente que o fai de todos os países do mundo e todas as idades. Hoxe por exemplo, viñemos nunha subida bastante jodid... e viñemos falando, sobre todo Alex, 2 horas cun francés, Joseph, que nos contou a súa vida, o que pensa, política, deporte, todo, pero "en francés" claro, eu non lle entendía nin papa. Pero Alex é un artista. (bueno ó final casi lle doía a cabeza de tanto falar francés e inglés). Eu mentras, vin falando con un australiano, David, "en inglés". Increíble, pero falamos de todo. El defendíase pouco en español ou nada, e eu pouco en inglés, pero entendémonos. Acabou os estudios, viaxou por todo o mundo, faloume de Australia, preguntaba moitas cousas. Bueno, que o idioma non é un hándicap para entenderse, está claro.
Falta o detalle mais bonito, decidimos ir ata Atapuerca, que eran 6 quilómetros máis, e resulta que esperamos ata o final e solo había duas prazas. Danto voltas, tivemos que volver nun taxi para atrás o pobo anterior. Xa me vin dormindo fora. Porque non estaba disposto a andar un quilómetro máis, porque foron nada máis que 30 quilómetros. LEVAMOS 100. ¡Qué ben non!, sí, pois ainda faltan máis de 500 ata Santiago.
Vale amigos, ata a próxima. Bicos.
Álex:
Moi wenas!
Qué tal todos por ahí?
Por aquí seguimos pasiño a pasiño, puebliño a puebliño, e mais cerca da meta deste ano que é León.Esperemos poder estar ben fisica e mentalmente para aguantar o tiron de 7 días que falta.
Na etapa de hoxe fomos todos acelerados, case correndo, durante todo o trayecto, e inda así non serviu de moito. Quedamos de andar 6 km mais do previsto ata Atapuerca para ver o xacemento arqueolóxico, pero cando chegamos alí todos queimaos resulta que quedaban 2 plazas, a verda e que foi un chasco. Pero un aquí saca ánimos de onde pode e intenta sacar ilusión e alegría de calquera cousa. Aínda bue que o tempo acompañou bastante, fixo un día fresco e non petou o sol ata as 11 mais ou menos. Collemos un taxi e volvemos ata Agés, onde estamos agora.
Os pés van indo mellor, e o cansancio pouco a pouco vaise estabilizando, pero algo facemos mal porque a xente vai con moita mais calma e chega incluso antes que nós.
En canto ó xacemento de Atapuerca, non me gustou demasiado, está ben ver onde se está excavando e aprender de historia e arqueoloxía, pero non vimos nin un solo oso!
Sólamente unha copia dun cráneo.
E nada mais, que xa teño moitas ganas de volver con todos vos( papis mamis andreas).
Pero aquí non se pode abandonar, hay que tirar pa diante, e en 7 días xa nos vemos!
Un bico e votovos de menos!
Publicado por
Palotes
comentarios (1)