O polvo do caminho

Diario duns peregrinos.

Saíamos de Pamplona/Iruña cara Puente La Reina. 24 Km. Pasamos pola rua Estafeta outra vez, tamén xunto á Catedral e varias igrexas moi chulas. Fan un bonito conxunto e alegra a vista do pelegrín dentro da paisaxe urbano. A impresión é que Iruña/Pamplona é unha cidade bonita, acolledora. E o San Fermín está presente.
Pasamos por Cizur Menor. Juan quedóu xa fai un cacho atrás. Tiña unha rozadura importante. Cháma a Pepe e Alex e di: "Non esperedes por mín oh, que xa vou indo". Resulta que nun sitio que botóu crema quedáronlle as gafas, e tivo que volver por elas. Hai que jod....
Imos cara o Alto do Perdón. Ó principio ben, pero despois comeza a complicarse bastante a cousa. Camiños empedrados, onde os pes sufren bastante e as pernas tampouco o agradecen nada. Paramos cando podemos, pero o pequeno descanso non alivia as dores.
Pepe quedouse atrás, Juan e Alex van diante.
Nuria, unha catalana de Amposta, comenta que nesta costa todo o que ten algo que purgar ou limpar na alma costalle moito subir. Ao final da tremenda subida acadase o perdón.
Chegamos ó Alto do Perdón. Sacamos fotos. A baixada é castigadora, bastante pendiente e pedras por todos lados. Pepe di que xa sabe onde están os músculos todos das pernas, dóelle todo. Pero aguanta.
Un letreiro recórdanos que faltan 747 km a Santiago. Pois é un alivio. Pasamos pola Ermita de San Salvador. Non hai quen aguante xa. O Sol peta que xa lle vale tamén.
Chegamos a Puente La Reina, no primeiro albergue xa entramos, non imos buscar mais. Recíbenos unha chica cun escote xeneroso. Agradécese, pero solo pensas en comer e ducharte. ¿E a quén encontramos aquí? A Josef, o austríaco, que nos indica por ónde se entra. Está moi ben. ¡Este home sabe dos mellores sitios coño!. Hai que preguntarlle a qué albergue vai mañán....
Comemos, e despois unha duchiña. Hasta hai hidromasaxe. Alex metíuse alí e non daba saído.
Pola tarde damos unha volta polo de Puente La Reina.
Pobo nado por e para o Camiño de Santiago.
Ten unha ponte románica, do século XI, fermosa, sobre o rio Agra. E tamén unha Calle Mayor, que ven sendo a arteria principal desta vila medieval.
Visitamos a Igrexa de San Pedro, onde esta a imaxe da Virxe de Txori.
Chamase porque un páxaro (txori en euskera), collía auga do rio Agra no pico e levaba esta auga para limpar a imaxe da Virxe.
Quedamos tamén impresionados pola Igrexa de Santiago e pola Igrexa do Crucifixo, ambalas-dúas da edade media.

Saímos de Zubiri cara Pamplona. 20,8 km. A Juan cáelle o pantalón, dí que debíu adelgazar, pero cremos que ten a mesma barriga de antes. Seguimos. Segue parecendo Galicia. Hai moito verde, moito. Pasamos por sitios onde facemos fotos de cine. O camiño é estreito. Imos xunto ó Río Arga.
Ségueche dando tempo para pensar. Botas de menos a familia. O sol peta que xa lle vale. A mochila, a medida que transcurre o tempo, parece clavada nos osos. Pesa máis que antes, ainda que leves o mesmo. Qué coño levaréi aí atrás que pesa tanto.
Unha francesa vai detrás de Alex un cacho grande, non se despega. Non sabemos si vai a rebufo ou é por outra cousa..... O pai ven detrás nosa, non lle quita ollo á nena, por si acaso.
Chegamos a Villava, a terra de Indurain. Ponte de Arre. Metémonos nunha paisaxe urbana onde pareces perdido, non é o mesmo. Juan compra selos. Está pendente contínuamente de mandar postais. Sellamos unha primitiva, a ver si o camiño nos trae sorte. A señora fala moi amable con nos e déséxanos sorte. Pasamos xa o pobo de Burlada, está pegado coma si fose a mesma cidade. Saúdanos un poli local que nos desexa "Buen camino". Buscamos o albergue canto ántes. Non damos chegado. Atravesamos a Ponte da Magdalena e chegamos a Pamplona.
Josef falóunos do Albergue Paderborn, alí imos. Está moi ben, e ten pouco sitio, pero chegamos a tempo. Son amables, como nos anteriores.
Imos a comer algo. Pasamos pola rua Estafeta, Mercaderes, e esas, por onde se corre o San Fermín. Comemos ben e aproveitamos para dar unha volta.
Mandámoslle saúdos a todos os que ven este blog duns Dubreses no CAMIÑO. E de paso tamén un saúdo para Alberto Sacido, que ía vir con nos, e tivo que quedar alá. Unha apreta.


Espertamos con cantos gregorianos, igual que cando nos deitamos onte. Da gusto. Sobre todo porque de noite, había un par de tenores competindo en cantos "ronconianos". Vaia serenata. Pero bueno, no medio de tanta xente é normal.
Preparámonos. Vemos que chove. A sacar o chubasqueiro. Buscamos un sitio onde desayunar. Algunha xente ven detrás nosa, ainda que imos ó revés. Isto sempre pasa, polo que vemos. Non hai ningún sitio aberto. Emprendemos a marcha, xa haberá onde tomar algo.
Atopámonos ca Cruz de Roldán, un cruceiro do século XIV. Metémonos polo medio de bosques, camiños estreitos... Topámonos con cantidade de xente. Parecemos formigas nunha fila largísima. Adiantamos a unha velliña que nos saúda. Chegamos a un pequeno pobo, Burguete, desayunamos alí ca maioría da xente. Hai fame, e tamén hai que alimentarse. Mercamos algo máis para o camiño e seguimos. O camiño segue por bosques bonitos e umbríos, pero a veces de difícil tránsito. Despois da etapa de onte, parece que non vai ser duro, pero sí que é. Andamos e andamos. Charlamos con uns e outros. Encontramos a Pierre, deixámolo almorzando, pero xa nos collíu. Anda como unha moto. Sempre pregunta cómo imos, Are you ok? é contesta tamén sempre o mesmo "Perfect". Iso parece. Despois de 27 días andando, non hai dor que o atravese. Nós soltámoslle iso de: "WE CAN" ou sexa, PODEMOS (veremos a ver).
Volvemos a adiantarlle a outra velliña. ¡Cóño, se é a mesma de antes! ¡E vai como unha tortuga! Pero esta muller está en todas partes, ou é unha visión? Ou toma anabolizantes? Non, e que paramos a desayunar, e a comprar, e seguramente nos pasóu diante. Xa se sabe que "pasiño a pasiño, ándase o camiño". É boa verdade, hai cantidade de xente que vai amodiño, ó seu paso, e como paras de vez en cando, encóntraste continuamente con eles. O consello: non se pode apurar, non vas a ningún lado.
Chegamos a algún cruce, e alí pregúntanos a xente cousas do camiño. De ónde deben saír, etc, que queren facelo para o ano. Xa non doen solamente as pernas, doen os pés o lombo.....
Xa ves tamén nenos que van cos seus pais. Pasamos outro bosque. Antigamente parece que ían poucas veces por bosques. Polos saqueos e roubos. De todas formas tampouco levamos cousas importantes. Daste conta que nunha mochila de 9 kilos levas todo o necesario para vivir. Algo imos aprendendo xa disto.
Ainda que hai moita xente andando, moitas veces palpas a soidade. Aí é onde pensas, moitas cousas. Tes tempo.
Pepe nota o peso da mochila. Será porque leva a roupa mollada, non secou nada.
Chegamos a Zubiri, "Puente de la rabia". Gótico. Coñécese así porque os veciños daban ós animais tres voltas arredor do pilar central da súa arcada para sanalos de este mal. Qué bonitiño é. Será porque chegamos xa o final da etapa.
Sentámonos. Juan dixo polo camiño que podíamos seguir ata un pobo máis adiante (Larrasoaña). Pero cando se quere levantar casi non é capaz. Dóenos todo, o lombo, a cadeira.....
Esperamos a que abra un albergue que hai alí. Privado. Está ben, sobre todo porque ten internés, e así podemos colgar as fotos no blog dunha vez.
Cúñannos as tarxetas de pelegríns . Asinamos nun libro que teñen, e deixamos a nosa dedicatoria. Como en tódolos os sitios.
Compramos algo nun super que hai ó lado, e comemos no albergue xunto a un señor maior austríaco. Conversamos con Josef Hager polo menos hora e media, en alemán, inglés, español. E entendémonos e todo. E unha das mellores cousas do camiño. Cóntanos que lle deron dous infartos e comezóu a facelo por iso, ten tres fillos.
Ás 6 da tarde aínda segue chegando xente. Terán que dormir no pavillón municipal.
Levamos 3 horas no ordenador (é gratis internet) co blog. Unha francesa xa nos mira mal.
Ceamos no albergue uns bocatas con Claudina, outra francesa que tamén está na habitación e ven de Le Puy. Fai o camiño porque é moi relixiosa, pero non cre na Igrexa. Esta francesa leva andando un mes e cinco dias, e conta de chegar a Finisterre o trinta de setembro.
Maitane, a chica do Albergue é moi amable, facílítanos todo o que precisamos. Lavamos a roupa, e, como hai secadora, quedou impecable, por fin.
Tomamos algo con José, un catalán que tamén dorme na mesma habitación coa muller. Van a vir a Lugo, cerca de Quiroga. Pónselle os ollos como pratos en canto Juan lle fala da carne de alí, e do queixo. Invítanos él a tomar os cafés, e eso que é catalán. Pero Juan di que seguramente os pais son estremeños.
Un saúdo a todos.