O polvo do caminho

Diario duns peregrinos.

Pepe:

Gracias a todos polos comentarios, e sobre todo polos ánimos que nos dades.
Onte en Carrión de los condes dormimos no albergue xestionado polas "Hermanas Agustinas del monasterio de la Conversión", ben, nunha habitación para nos os dous. Estaban en festas, como noutros pobos que pasamos. Vese que é un sitio con movemento, pero xa antes do siglo XIV había 12 igrexas e 12 hospitais. Destacan nel duas, a Igrexa de Santa María del Camino e a Iglesia de Santiago. Decir tamén que as monxas de Santa Clara fan uns dulces divinos, e nunca mellor dito.
Un inglés colgando na roupa dime "in this moment, I need my wife". Ríome e contesto: "no problem, we can". Dios, xa podo ir a Inglaterra........
Estivemos tomando algún refrixerio por alí con Jóse, vasco, David de Barcelona e Iván de Murcia. Jóse e David foron comprar vaselina á farmacia, é moi boa pos pés. Como Jóse levaba unha camiseta rosa, o farmacéutico puxo cara rara...... ja ja. Encontrámonos cos japoneses, repasamos a etapa de mañán. Enséñannos o libro que teñen das etapas, EMPEZA Ó REVÉS. A primera etapa está ó final do libro, porque van lendo de arriba para baixo e de dereita para esquerda. Curioso.
A verdade é que da etapa cheguei tranquilo, pero os pes pola noite estaban moi inchados, non sabía moito que facerlle. Boteille as cremas e a dormir. Pero costoume traballo de novo. Calquer picor dache ganas de saltar da cama e botar spray por todos os lados coma un loco. Malo será que sexan chinches. Por certo, xa sabemos por qué as molestas chinches fixeron "botellón" onte con Paco. Está tomando un tratamento que licúa a sangue. Deberon ir boas pa casa.

A etapa de hoxe eran 26,70 Km, de Carrión de los Condes a Terradillos de Templarios. 6 horas e 45 minutos previstos. Dificultade media.
Ó principio había 17 quilómetros sin unha casa, un pobo, nada. De repente vemos un tipo cun coche facendo perritos e demais, e vendendo bebida. Palí correndo.
Despois encontréime cuns chavales alemáns, de Stuttgart. Estudian economía industrial. Fan o camiño por facer algo distinto que as vacacións de sempre. Hai moita xente alemana que o fai, de feito hai uns cuantos alemáns por aquí. Falamos un bo cacho de fútbol, do Madrid, do Barça, do Bayer, de Ribery. Un deles falaba bastante de español, entre eso e o cacho inglés que falo eu, bueno....
Polo demais, bastantes mosquitos, coma na etapa donte, bótolle repelente, este ano useina estes días por primeira vez . Pasou unha ambulancia da Cruz Bermella repartindo augas. Na parte de atrás poñía "Camino de Santiago". Doeme bastante a espalda, tiven que parar varias veces, creo que levo demasiado peso. Teño moitas ganas de arrebolar a mochila o medio da leira. Non sei por qué non o fago.
Miro o reloxio, son as 10. Encóntrome a Juan masaxeando os pes. Eu non podo. Si o fago, casi non sería capaz empezar de novo. Cos pes quentes andas moito mellor, non che doen tanto. Si saco as botas, despois parece que pisas ascuas.
Chegamos a Calzadilla de la Cueza. Moscas, nespras. Pasas traballos para quitalas de enrriba. O outro día unha señora que viña detrás debíu pensar que estaba tolo. Empecéi a facer Kung Fu co pau de peregrino no medio do camiño. Era unha avispa. Alex tiña un remedio mellor: saír correndo.

Saudar ós meus amigos da Asociación de Empresarios, ADEA. Creo que algún está pensando o mesmo que Suso Cancela: facer o camiño.

Bicos.