O polvo do caminho

Diario duns peregrinos.



Saímos de Puente la Reina cara Estella-Lizarra .Eran as 7:30 . A etapa do xoves levounos 6 horas , contamos que a de hoxe nos leve algo menos . Deixamos o albergue Jakue, pasamos xunto á igrexa de Santiago que se ergue impoñente no medio da vila.Ten dúas portadas románicas e a nave central gótica do ano 1543. (É unha das moitas igrexas adicadas a Santiago que hai no camiño ).


Pasamos pola ponte dos pelegríns do século XI , e comezamos unha tremenda subida nada mais deixar Puente la Reina .Atopámonos pouco despois a un pastor, cun pequeno rebaño de ovellas de raza navarra (780) .Pasamos por Mañeru ,pobo onde destacan as súas casas señoriais cos seus escudos .As rúas son estreitas e empinadas , delatando a súa orixe medieval .


Seguimos andando e a paisaxe comeza a encherse de viñedos , esta é unha terra de viños.

Mentres andamos por estas terras navarras cada un de nós vai realizando a súa viaxe interior , pensando nas súas cousas, nos seus problemas, na súa vida. Tomando como metáfora o peso da mochila que cada un de nós leva, coas cousas que precisa na viaxe, decatámonos de todo aquelo que nos sobra na nosa vida diaria .

Chegamos a Cirauqui, pobo que remata nunha antiga calzada romana. Debaixo dos nosos pés mais de 2000 anos de historia contémplannos .

A Juan debéronlle botar EPO ou algo no café , pois demarrou e perdeuse no horizonte .A partires das 12 os pés piden papas ,pero pensas "teño que chegar como sexa, me falte a luna".

A seguinte localidade pola que pasamos é Villatuerta, na que atravesamos a ponte sobre o río Iranzu.Hay referencas no códice calixtino a este río.

Á unha menos dez chegamos a Estella/Lizarra, onde se atopa Juan diante da Igrexa do Santo Sepulcro.

Dirixímonos ao albergue municipal, onde atopamos vellos coñecidos ( o incombustible Josef e Claudina).O recibemento no albergue , con música chill out , premoniza unha estancia agradable.

Seguindo os consellos da guía El País Aguilar , imos ó restaurante Casanova, no centro de Lizarra, xunto á praza dos Fueros, onde por 10.75 nos puxemos as botas regando o menú cunha botella de viño tinto navarro(da uva Cabernet Sauvignon-merlot),das vides por onde andivemos hoxe.

A etapa de mañávai transcorrer dende Estella a Los Arcos, cunha duracion aproximada de 5 horas e media e unha distancia de 22 km de percorrido.
Ceamos e deitámonos cedo pra poder ternos de pé mañá.
Saúdos a todos aqueles que nos ledes, e dicirvos que pronto estaremos de volta se non hai novidade.