
(PEPE):
Ola:
A etapa de hoxe foi moito mellor para mín. A verdade é que o albergue de Nájera non era nada especial, pero pola noite dormíuse ben, a pesar dun que dou unha serenata ronquera pola noite de cuidado. O hospitalero moi enrollado. Canario, empezóu por ofrecer dende a chegada melón a todos. Pola noite deron montaron unha timba fora, e non deixaron dormir á xente ata as 10:30. Que parece cedo, pero todos estamos cansados.
Por certo que onte non "cobraban" o albergue, si non que se daba a "voluntad"
A etapa de onte foi moi dura, pero hoxe levóuse moito mellor. Eu adianteime un pouco e cheguei a Santo Domingo da Calzada sobre as 11:20. Non vai haber moitas etapas como a de hoxe. O malo: os pés, este ano parece que, entre o calor, e os quilómetros, están bastante doentes. Non se aguanta nada ben o calor, e sudas seguido, pero eche o que hai.
A ver si visitamos algo por aquí, e imos pronto para a cama.
Bicos para todos, e particularmente para a familia.
(ÁLEX):

Ola!
Qué tal estamos por aqui? Eu estou bastante fastidiado dos pés, non sei se será polo calor, ou polas botas novas, per estanme dando bastantes problemas os pés, vou pola 4ª ampolla en 2 dias de camiño , jaja.
Polo demais ben, chego dolorido dos pes pero non cansado. Ademais parece que canto mais dor sinte un mais ganas ten de seguir e de non abandonar. Hoxe tocoume sesión de curas, estou rentabilizando bastante o botiquín. Fixenlle a cura da agulla co fío ás ampollas, e mañan poñerei vendas no tobillo.
A noite de onte durmin bastante ben, aínda que o aire acondicionado quedara bastante disimulado co calor das cento e pico personas do albergue.
Antes de durmir siempre me poño a ver un capítulo de house, perdidos ou one tree hill, que ameniza moito a espera ata que aparecen as ganas de durmir e se apagan as luces.
Na etapa de hoxe estuven de leria cuns brasileiros, un deles vai polo seu sexto camiño de santiago, outro é un empresario textil e inmobiliario que me invitou á sua casa en brasil.
E polo demais nada, en Santo domingo empapandonos da historia e das lendas do santo.
Un bico para todos!!!!!
(JUAN)
Hola.
Este ano esta resultando máis duro que o ano pasado, e só
van dúas etapas.
A primeira etapa, de Logroño a Nájera, os derradeiros catro kilómetros fixeronse eternos. A mochila pesaba como una tonelada, e facía moita calor, arredor de 36 grados.
Tardei toda a tarde en recuperar do esforzo.
Hoxe, afortunadamente, a cousa cambiou. A etapa de Nájera a Santo Domingo de la Calzada foi máis levadeira. Foron 22 kms, e xa se aprecia a paisaxe que imos ver a partir de agora, estan desaparecendo os árbores da vista, e hai moitos campos de cereal.
Santo Domingo esta moi ben, unha cidade medieval, cun casco histórico que discurre ao longo da rúa maior.
Para rematar, decirvos que XA ESTAN COLGADAS AS FOTOS , e podedes deixar comentarios.
Saúdos.