
ALEX:
Ola! Cómo estamos por ahí? Pois por aquó moi ben. Cada día encóntrome mais en forma, o malo son os pés, que non dan descanso. A etapa de hoxe foi algo mais dura que a de onte, pero curiosamente leveina mellor. Coñecín a 3 brasileiros moi interesantes. Un deles era unha eminencia nesto do camiño alá en brasil, e estao facendo por séptima vez. Outro tiña unha empresa textil e unha inmobiliaria, con 86 pisos alquilados para él sólo. A verda e que era moi simpático o tipiño.Doume a unha tarxeta para que cando estivese en brasil o chamase que me deixaba durmir na súa casa e me prestaba un coche, jeje.
Hoxe seguin os consellos dun deses brasileiros, parando a airealos pes durante uns minutos cada dúas horas, e moito mellor.
A etapa fixose durilla, e o sol apretaba, pero non coma onte.
A xente é amabilísima, axudanche no que poden, danche da súa comida, preocupanse se te ven tirado, etc, sin duda o mellor do camiño.
E non moito mais, de onte quedounos dicir que fomos visitar a catedral de santo domingo de la calzada, moi bonita, sobre todo a lenda que a envolve, que xa vos contaremos.
Hoxe estamos en Belorado, un pobo que pese a que desde lonxe parece mais ben pequeno, ten de todo, restaurantes , supermercados , centro de saúde etc, vese que o camiño está cada día mellor.
Hay unhas alemanas moi simpáticas que levan uns días con nós, e cada día levámonos mellor con elas , jeje.
O albergue de hoxe chámase cuatro cantones, e está moi ben, ata ten piscina.
Estivemos na tardiña falando uns cuantos peregrinos e estábase moi ben , de feito creo que aora mismo vou volver.
En canto á cea que ofrecen no albergue estivo bastante ben , ademais sólo era " a volunta" jeje.
Non me enrollo mais que estou cansado, un bikiño para todos os que nos ledes e deixade comentarios que sempre animan moito a seguir andando!!!
PEPE:
Ola!!!
Boé, digo eso por non decir "cago nas pedras", porque teño os pes bastante mal, e penso que ainda non me van a pasar nuns días, pero é así. Hoxe saín coxeando xa pola mañá, e non sabía cómo ía chegar. De todas formas dormín ben, e non estaba cansado. O albergue donte era tranquilo, antiguo, pero con pouca xente, ben. Na habitación coincidimos con unhas alemanas "Sina e Hanna", non sei si se escribe así, e con un uruguayo e un polaco, señores maiores. O mellor aparte de coñecelos e que non roncaron de noite, porque co cansado que estás, si non dormes..... Eu xa poño tapóns nos oídos dende a serenata do outro día.
Onte perdemos un concierto de "canto gregoriano", pero igual foi mellor, porque non me extrañaría que nos dormíramos. Pola noite, mentras cenábamos, un italiano dounos unha cerveza grande porque lle sobraba, unha parella de Pamplona uns queixos, bueno a xente é así. Tamén por outro lado, levo dous días comprando auga, e meténdoa na nevera para o día seguinte, e desapareceron as dúas. Pero a xente moi ben. Tamén estivo bonito un detalle: compramos un melón todos animados, porque estaba de oferta, ben. Pero comémoslle tres cachos, e hoxe tivo que quedar alí enteiro. Calquera leva o melón na mochila, tanto polo peso (que xa vas a tope), como polo sitio que ocupa, que vai axustado. A mochila dende logo pesar debe pesar, porque a mín doeme o peito e a espalda coma si estivera no gimnasio dous días seguidos.
Santo Domingo de la Calzada está ben, fomos a visitar a Catedral, e o sepulcro do Santo, por certo que alí, púxenlle unha vela que lle prometín a un amigo, que o está pasando mal. "Que saibas que dende aquí estamos tamén contigo, que vas a saír adiante, e que vas volver a darnos a vara e a poñerte repugnante coma sempre. Un abrazo, GUSTAVO, moito ánimo, e feliz cumpleanos",
Polo demais, non moita cousa, fai moito calor, pero estes días saímos moi cendo, hoxe ás 6 e cuarto xa estábamos fora (antes non deixaban), e non dou tempo a que Lorenzo apretara. De todas formas, os últimos quilómetros pásalo mal. Hoxe iba pensando como cando se vai polo deserto e pensas nun oasis, pois eu tamén, pensaba en cando estás na ducha, despois de chegar, e che cae a auga fría pola cabeza. Poñianseme os pelos de punta. Tamén procuras distraerte e non pensar no que che doe, si non.....
É curioso tamén que, con frecuencia, pasas polos pobos e sempre pola Calle Mayor. Hoxe tanto en Santo Domingo de la Calzada, como en Grañón, como en Redecilla del Camino, etc, vas sempre pola Calle Mayor do pobo, e a Praza Mayor. E claro, sempre ves os monumentos que hai, porque as Igrexas están no camiño. Ainda que hoxe estaban pechadas. E que hoxe ás 9 xa levaba andados 12 Km.
En canto o ánimo, eu estou a tope, dolorido, sufrindo, pero moi animado. Pero este é o camiño. Din que as etapas de Rioja e Castilla y León, son as peores.
Por outro lado, na miña vida bebín tanto. Teño seguido sede, e bebo litros e litros. Esto, a ducha e airear os pes cando chegas, da un gustazo. E digo eu, igual que antes había moitos hospitais para peregrinos, agora ¿non pode haber un Spa o lado do albergue, con masaxes e todo eso, e tamén que poidas pagar a "voluntad" como nos albergues. Bueno, solo era unha proposta.
Hoxe encontréime con uns ciclistas que viñan de Girona, cara Santiago. Ó entrar en Castilla y León, había un monolito, pedinlle que me quitaran unha foto, e, como son cataláns, queríanme un euro..... je, je.
Ala, xa vale por hoxe, que teño que ir dormir un pouco.
Saúdos ó persoal da oficina, ós do super, e a todos os amigos.
Publicado por
Palotes
comentarios (4)