Pepe:
A ver, que non poiden conectar e tampouco tiven demasiado tempo, pero teño moitas cousas que comentar.
Para empezar onte dormimos cerca de Atapuerca en Agés. E un pobo pequeno, que prácticamente solo ten uns albergues, e pouco máis (por decir que non hai nin cobertura boa de móbil). Fomos visitar en autobús os xacementos de Atapuerca. Ben, sempre é interesante ver os xacementos e a historia, e sabe que encontraron restos humanos de fai 1.200.000 anos, rompendo con todo o que se tiña claro ata daquela. Pronto abrirán un museo-exposición en Burgos, creo que será interesante. En Agés había festa, e estiveron de música toda a noite. Cando nos levantamos ainda estaban a tope. Ou sexa que cando saímos (sobre as 6, porque levantamonos aí polas 5:30) a xente iba para a casa. Esto pasóunos este ano en varios sitios que estaban de festa, pero aquí oímos a música toda a noite. Si non estivéramos cansados, houbera sido mellor ir tomar algo. Aínda así, dormín toda a noite perfectamente.
Hoxe fixemos a etapa de Agés a Burgos, son 25,6 km, porque onte adiantamos camiño e non dormimos onde nos dicía a guía. Pola mañán víanse as estrelas, era de noite, como casi todos os días. Despois de Atapuerca collemos unha costa bastante dura, con moito empedrado, ideal para poñerche os pés ardendo. Tamén seguramente na antigüidade atacaban ós peregrinos, para roubarlles, coma nos montes de OCA.
Polo camiño encontrámonos os japoneses, moi amables e simpáticos, co seu sorriso e "buen camino", da igual o idioma en que fales e de onde sexas, o de BUEN CAMINO, dise sempre a todo o mundo, alto e claro.
BURGOS, pois é bo decir que foi durante SIGLOS a cidade máis importante de España e chegou a ter 30 HOSPITAIS de peregrinos. Dende logo paga a pena visitar a cidade, pero sobre todo a catedral. Moi bonita.
Polo camiño estiven falando un bo anaco cun alemán. Onte saludéino e chamoume a atención que fora negro. Díxome que seu pai era de Nigeria, e súa nai alemana. Está claro que vou saír de aquí falando inglés fixo. Entre o español e o inglés falamos de un montón de cousas, mentras pasaban os quilómetros. Moi agradable, díxome que os alemáns eran moito mais serios que os españoles, e que estaban seguido a traballar e a casa, e non saían coma nos, nin tiñan o noso carácter que a él gústalle máis. Tamén me contou que en Nigeria hai xente con moito diñeiro e moita xente sin nada, pero que dentro da pobreza son xente de "bo corazón", como dixo él.
Mentras vemos moitos cazadores pola zona, nas fincas (cotos de caza), como é sábado.
Unha vez en Burgos, fomos dos primeiros en chegar ó albergue. Impresionante por certo. Catro plantas, ascensor (dos poucos), literas separadas por paredes, luz dentro da propia litera, duchas e lavabos de sobra, mesas fora para comer ou merendar. Bueno, e todo por 3 EUROS.
Cando chegas tes unhas ganas de estumballarte tremendas, non solo para descansar, si non porque os pes estanche berrando dende fai tempo ¡PARA COÑO!. Pero estás sudado, incómodo, e unha ducha ven moi ven, así que ducha. Despois tes que lavar a roupa, si non, non da secado pola tarde, e segues enriba dos pobres pes. Vas a comer, compras algo antes que che fai falla. Despois igual vas á farmacia e o super, como fixemos en Burgos. Total que os pes a tal hora están para entrar na UCI directamente. Ata o punto que había unha visita guiada "gratis" para os peregrinos e solo aguantamos un cacho, porque non nos tíñamos de pe.
No albergue volvemos a encontrarnos cos señores maiores que estiveron con nos na habitación de Santo Domingo de la Calzada. Da gusto falar con eles. Viven en Suecia, un é sueco, Stellan, o outro uruguayo (uruguaxo dí el), pero leva moitos anos en Suecia.
Nada máis, ata a próxima.
De novo andamos por ako escribindo para todos vós!
Álex:
Ola a todos! Hoxe a etapa fixoseme algo corta, vale que estaba cansado, e que tiña os pes reventados, pero chegamos a burgos ás 11 da mañan, unha hora antes de que abrise o albergue, e eso é un bo ritmo.A etapa comezaba cun alto desde o cál podes ver todo Burgos, pero despois tiñas que atravesar, 7 km pola cidade, que jode moito porque cando pensas que xa estás aínda che queda unha tiradiña. Hoxe tocoulle a Juan ser maillot amarillo, e escapouse pronto, de feito debeu chegar a Burgos 20 minutos antes ca nós. O albergue sorprendeunos moito, porque está moi ben. Cada vez temos mais claro que a guía que temos é unha merda, porque de este albergue decia que tiña sobre 50 plazas, e ten 170, jaja.
As instalacións son moi novas, e temos literas, en cada unha delas hai unha luz e un enchufe.
Os pés de momento estanme respetando bastante, o malo son os músculos que empezan a resentirse.
Ó mediodía comin un Kebab, non vexades cómo me prestou, alegroume a tarde.
Agora fomos ó supermercado, e comprei empanada, plátanos , arroz con leite, un danup e barritas de cereales, auga, etc. Que vou ben alimentado vamos jaja.
Cada día que pasa teño mais ganas de vervos a todos, pero penso que sólo faltan 6 días de nada e xa me poño ahí.
Por certo, onte estiven vendo no móvil un capítulo de Cómo conocí a vuestra madre, cando ibamos durmir, pa matalo tempo, e entroume un ataque de risa tan grande que os que estaban na nosa habitación deberon pensar que estaba trallado , jajaja.Recoméndovos encarecidamente esa serie, tipo friends. Hoxe vin algún de house e one tree hill. A verda é que me está cundindo moito o de meter series no móvil.
Pois eso que un biko para todos e vémonos prontiño!!!!!
Publicado por
Palotes
comentarios (1)