Pepe:
Gracias a todos polos comentarios, e sobre todo polos ánimos que nos dades.
Onte en Carrión de los condes dormimos no albergue xestionado polas "Hermanas Agustinas del monasterio de la Conversión", ben, nunha habitación para nos os dous. Estaban en festas, como noutros pobos que pasamos. Vese que é un sitio con movemento, pero xa antes do siglo XIV había 12 igrexas e 12 hospitais. Destacan nel duas, a Igrexa de Santa María del Camino e a Iglesia de Santiago. Decir tamén que as monxas de Santa Clara fan uns dulces divinos, e nunca mellor dito.
Un inglés colgando na roupa dime "in this moment, I need my wife". Ríome e contesto: "no problem, we can". Dios, xa podo ir a Inglaterra........
Estivemos tomando algún refrixerio por alí con Jóse, vasco, David de Barcelona e Iván de Murcia. Jóse e David foron comprar vaselina á farmacia, é moi boa pos pés. Como Jóse levaba unha camiseta rosa, o farmacéutico puxo cara rara...... ja ja. Encontrámonos cos japoneses, repasamos a etapa de mañán. Enséñannos o libro que teñen das etapas, EMPEZA Ó REVÉS. A primera etapa está ó final do libro, porque van lendo de arriba para baixo e de dereita para esquerda. Curioso.
A verdade é que da etapa cheguei tranquilo, pero os pes pola noite estaban moi inchados, non sabía moito que facerlle. Boteille as cremas e a dormir. Pero costoume traballo de novo. Calquer picor dache ganas de saltar da cama e botar spray por todos os lados coma un loco. Malo será que sexan chinches. Por certo, xa sabemos por qué as molestas chinches fixeron "botellón" onte con Paco. Está tomando un tratamento que licúa a sangue. Deberon ir boas pa casa.
A etapa de hoxe eran 26,70 Km, de Carrión de los Condes a Terradillos de Templarios. 6 horas e 45 minutos previstos. Dificultade media.
Ó principio había 17 quilómetros sin unha casa, un pobo, nada. De repente vemos un tipo cun coche facendo perritos e demais, e vendendo bebida. Palí correndo.
Despois encontréime cuns chavales alemáns, de Stuttgart. Estudian economía industrial. Fan o camiño por facer algo distinto que as vacacións de sempre. Hai moita xente alemana que o fai, de feito hai uns cuantos alemáns por aquí. Falamos un bo cacho de fútbol, do Madrid, do Barça, do Bayer, de Ribery. Un deles falaba bastante de español, entre eso e o cacho inglés que falo eu, bueno....
Polo demais, bastantes mosquitos, coma na etapa donte, bótolle repelente, este ano useina estes días por primeira vez . Pasou unha ambulancia da Cruz Bermella repartindo augas. Na parte de atrás poñía "Camino de Santiago". Doeme bastante a espalda, tiven que parar varias veces, creo que levo demasiado peso. Teño moitas ganas de arrebolar a mochila o medio da leira. Non sei por qué non o fago.
Miro o reloxio, son as 10. Encóntrome a Juan masaxeando os pes. Eu non podo. Si o fago, casi non sería capaz empezar de novo. Cos pes quentes andas moito mellor, non che doen tanto. Si saco as botas, despois parece que pisas ascuas.
Chegamos a Calzadilla de la Cueza. Moscas, nespras. Pasas traballos para quitalas de enrriba. O outro día unha señora que viña detrás debíu pensar que estaba tolo. Empecéi a facer Kung Fu co pau de peregrino no medio do camiño. Era unha avispa. Alex tiña un remedio mellor: saír correndo.
Saudar ós meus amigos da Asociación de Empresarios, ADEA. Creo que algún está pensando o mesmo que Suso Cancela: facer o camiño.
Bicos.
Publicado por
Palotes
5 comentarios:
Vexo que por ahí todo sigue igual, pepe cos mosquitos a voltas e juan parando a masajealos pes.
Que sepades que me jodeu non poder acabar, pero cada vez teño mais claro que non oubera podido, ben me vistes ali tirao na cama o ultimo dia.
E nada, o viaxe de volta foime segun o previsto, demasiado largo igual, pero leveino bastante ben.
Polo camiño falei cuns noruegos e cun costaricense que iban facelo camiño do norte desde lugo, porque me dixeron que con 100 km xa daban a compostelana jaja.
Estuveronme pedindo consellos todo o camiño e eu encantado, vese que xa estamos collendo experiencia nesto do camiño.
Ánimo que vos podedes, que tades coma motos por eso eu non vos seguin o ritmo jaja.
Yes we can!!!
Me ha hecho ilusión leer el comentario. éstos días he tenido poco tiempo.. ni para leer!! nuevamente siento no haber podido acoplarme.. ni entrenar.. con ésto del cambio de empresa ni pensarlo. Una pena!
Me encanta Carrión de los Condes, es el tramo que tenía pensado hacer como le había comentado a Juan.. que me llamó "esquirola" non llo perdono!! jejeje..
Pero ahora que leo todos éstos reveses de pies y bichos.. uy! no se si casi me alegro de no ir. Lo de los pies no lo soportaría pero lo de los bichos... ni hablar!!
Animo desde aqui amigos! Animo y hasta el sábado!!
Ese anónimo que comenta todos os días que firme, por favor... que non se sabe quén é!!
sinceramente, tendes moito mèrito, cando alex deixa o camiño è que realmente non podìa xa maàis... porque visto como estàn eses pes nas fotos hai que ter moitas ganas de seguir andando e andando... ti tranquilo alex, que xa recuperaràs ese tramo en canto poidas e teñas forzas a seguir. o camiño de santiago de ahí non escapa e xa te esperarà. en canto a juan e pepe de verdade que tendes moito mèrito, pero bueno, tamèn hai que ter espìritu de sacrificio e eso tamèn è un pouco de solidaridade coa xente que està sufrindo, ben sea por enfermidade, ben sea por outros motivos, porque ese sufrimento non o podes aparcar e volver outro dìa, polo tanto, pepe, cada momento de sufrimento que che dean eses pes, ou as pernas ou a espalda, pensa no noso amigo gustavo, que está pasando un momento delicado e pide moito por èl e por marisé en esas iglesias e monasterios preciosos que se encontran polo camiño. moitos bicos para os dous, e por favor vide pronto, que xa se vos bota de menos, ànimo tìos, solo quedan dous dias.
Por cierto olvidaba comentaros que por aqui todo bien. Julio de Romero acaba de decirme que para el año que viene conteis con él, que no está muy preparado pero que se compromete a ir con Lurdes y con Rocío durante todo el invierno por los montes de A pontellanova para seguir vuestros pasos. Sois el espíritu guia así que "ADELANTE!.
Me parto de risa con los comentarios de Pepe del inglés. Son geniales (como siempre).
Un bico de toda a tafona!
Publicar un comentario