Está chovendo, almorzamos no albergue de Saint Jean. Das consecuencias do almorzo falamos mais adiante. Sacamos de chubasqueiros e "ó camiño". Na porta, un grupo despistado pregúntanos si hai que ir para arriba ou para abaixo ¿?. Saímos animados, xa estamos na senda que agardábamos. Atravesamos a ponte romana, por onde van dende antigo os pelegríns, e chegamos a un desvío, onde collemos a Ruta de Napoleón para ir a Roncesvalles (a máis dificultosa, pero tamén a máis bonita). Enseguida nos damos conta de cómo vai a ser.... unha costa interminable. Dura, moi dura a etapa. Menos mal que é corta. 9 kilómetros ata o albergue de Orysson.
Descubrimos unha paisaxe similar a Galicia, vendo vacas, ovellas, cabalos e mesmo porcos, pastando libremente na montaña. Non nos cansamos de sacar fotos. A Juan por pouco lle da algo dunha vez que a cámara non iba.
A medida que subimos os Pirineos, vannos amosando o seu esplendor, vales fértiles ao fondo, paisaxes inmensos, parecemos andar polas nubes. Polo menos así imos levando mellor a tremenda subida. Costa creer que fai 200 anos o exército napoleónico, viñera por esta mesma ruta, camiño de España a darnos vara.
Aparecen as primeiras consecuencias do desayuno. Alex empeza a retorcerse de fortes dores, ten mala cara, pero aguanta como un campeón. Os seus dous compañeiros siguen adiante... pero con él. (Quid pro quo).
De repente un cartel, falta 1 Km para o albergue Orysson. Fáise interminable. Menos mal que non chovíu nada, si non... Fotos, e mais fotos. De pronto, aparece alá o lonxe. Ai, qué alivio, sobre todo para Alex que estaba botando o fíjado. Juan xa non sabemos ónde está. ¿Estará perdido nun desvío equivocado? ¿quedaríalle algo en Saint Jean, e tería que ir alí? ¿Quedaríase falando con algún gandeiro francés? ¿Estará tirado de cansancio? Non, pouco despois aparece fresco como unha leituga (ejem, ejem).
No albergue encontrámonos con xente de todo o mundo. Mesmo na habitación temos como compañeiros, dúas xaponesas (Megumi i En), e un francés (Pierre).
Pierre vive e traballa en París, ven dende Le Puy, leva 25 días de camiño, xa.
En e Megumi son xaponesas, de Tokio. Son amigas dende o instituto. En estudia Administración de Empresas, Megumi odontoloxía. Viaxan por todo o mundo e teñen moito interés por todalas culturas. Entendémonos con elas en inglés (bueno Alex enténdese con elas en inglés, Juan e Pepe nothing de nothing).
Durante o día aproveitamos para escribir cousas do diario, e tamén para lavar a roupa sucia por primeira vez.
O albergue está moi ben. Somos pouca xente, pero de moitos sitios: Canarias, Corea do Sur, Francia, Alemania, Japón.
Ceamos todos xuntos, como unha gran familia. Alí contamos as nosas batallas i experiencias.
Hai moi bo rollo entre todo o mundo. Temos todos un obxectivo común.
Ás 10 imos a dormir. Mañán toca madrugar de novo.
Publicado por
Palotes
2 comentarios:
Bueno, xa parecedes escritores e todo. Esto está para publicar un libro!
Alex, se aínda non te recuperaches de todo, espero que o fagas pronto. Moito ánimo!
E a ver qué facedes con esas dúas xaponesas...
Que todo vaia ben.
Moitos bicos
E di Lourdes:¡cuidadiño coas
japonesas,que ides facer o camiño, e despois non rendides... Ta Juan aí? ¡vale chao,ata lojo!
no me quedou claro o de "juan chegou fresco coma unha leituga", me lo explican?
Alex ponte ben pronto e da conta deles ohhhh! moitos bicos e ánimo que xa falta pouco. biquiños.
Publicar un comentario