Chega a hora de saír para Francia. Antes de coller o autobús, aparcamos o coche. Pero demos tantas voltas para encontrar sitio que agora non sabemos ónde está. No autobús a Pamplona atopámonos con xente agradable que se para a falar contigo, pregúntache e eso, como unha señora de Estella moi amable, e unha parella de cataláns, que tamén fan o camiño.
Chegamos cedo a Pamplona, mercamos algún detalle que nos faltaba (tapóns para os oídos, agullas, tiritas para as ampollas....) Collemos un taxi con un conductor moi enrrollado, contóunos moitas cousas de Navarra, a súa cultura, deportes. Ata foi pelotari. A pelota vasca é un deporte moi popular entre Navarros e vascos.
Chegamos a Saint Jean Pied Port. Na Asociación de Amigos do Camiño, atendéunos un francés moi simpático, era o único que falaba español. Alí pesamos as mochilas: 9 kilos pesan duas, e 10 a terceira; xa nos pasamos un pouco. O señor buscóunos un albergue, casi non había sitio en ningún. Imos comprobando que hai xente de todo o mundo, canadienses, italianos, inglese
s, etc, etc. Chegamos ó albergue. A Alex e Pepe tocóulle unha habitación con catro italianos enrrollados. Pero Juan tivo máis sorte, dormíu con Beatrice, unha francesa (na mesma litera); o señor do albergue bromea, dixo que para cambiarnos por Juan, tiñamos que pagar 20 euros..... Tamén nos pregunta de ónde somos, e o dicirlle, "de Santiago", comenta "ónde queda eso...." (risas).
Damos unha volta polo pobo, vemos moitas ikurriñas, os carteis todos en francés e vasco, nótase que estamos no Pays Basque. Están en festas. Visitamos a igrexa de Notre-Dame du Bout du Pont, a ponte romana, a Cidadela, a rúa de España. E un sitio acolledor. Pola tarde hai un "encierro" por unha das rúas. Comemos no Chez de dé. Menú de peregrino, 10,60 €. Ben.
Pateamos todo o pobo para encontrar un sitio con internet ou wi-fi, e actualizar o blog. Pero nada. Sábado + festas = pechado.
Chega a hora de cear. Paolo e Giancarlo convídannos a "mangiare un piato di pasta" con eles. Rexeitamos a invitación (non vaia a ser que outro día teñamos que convidalos a Cachena ou Galo Mos).
Antes de dormir poñémoslle a funda a almofada e abrimos o saco de dormir, é recomendable pola hixiene.
Chegamos cedo a Pamplona, mercamos algún detalle que nos faltaba (tapóns para os oídos, agullas, tiritas para as ampollas....) Collemos un taxi con un conductor moi enrrollado, contóunos moitas cousas de Navarra, a súa cultura, deportes. Ata foi pelotari. A pelota vasca é un deporte moi popular entre Navarros e vascos.
Chegamos a Saint Jean Pied Port. Na Asociación de Amigos do Camiño, atendéunos un francés moi simpático, era o único que falaba español. Alí pesamos as mochilas: 9 kilos pesan duas, e 10 a terceira; xa nos pasamos un pouco. O señor buscóunos un albergue, casi non había sitio en ningún. Imos comprobando que hai xente de todo o mundo, canadienses, italianos, inglese
s, etc, etc. Chegamos ó albergue. A Alex e Pepe tocóulle unha habitación con catro italianos enrrollados. Pero Juan tivo máis sorte, dormíu con Beatrice, unha francesa (na mesma litera); o señor do albergue bromea, dixo que para cambiarnos por Juan, tiñamos que pagar 20 euros..... Tamén nos pregunta de ónde somos, e o dicirlle, "de Santiago", comenta "ónde queda eso...." (risas).Damos unha volta polo pobo, vemos moitas ikurriñas, os carteis todos en francés e vasco, nótase que estamos no Pays Basque. Están en festas. Visitamos a igrexa de Notre-Dame du Bout du Pont, a ponte romana, a Cidadela, a rúa de España. E un sitio acolledor. Pola tarde hai un "encierro" por unha das rúas. Comemos no Chez de dé. Menú de peregrino, 10,60 €. Ben.
Pateamos todo o pobo para encontrar un sitio con internet ou wi-fi, e actualizar o blog. Pero nada. Sábado + festas = pechado.
Chega a hora de cear. Paolo e Giancarlo convídannos a "mangiare un piato di pasta" con eles. Rexeitamos a invitación (non vaia a ser que outro día teñamos que convidalos a Cachena ou Galo Mos).
Antes de dormir poñémoslle a funda a almofada e abrimos o saco de dormir, é recomendable pola hixiene.
0 comentarios:
Publicar un comentario