O polvo do caminho

Diario duns peregrinos.

Ola a todos e todas!!

Onde estábamos? Pois estábamos nos Arcos, non nos Arcos de Rial non, en Los Arcos (La Rioja), e indo cara Logroño.
A etapa non foi nada do outro mundo, un sube e baixa. Fíxose bastante dura a verdade. Menos mal que a fixemos na compaña de uns amigos de Cataluña e Madrid que coñecemos no camiño. Xente maja. E unha das cousas máis bonitas, fas amigos. Xente coa que non tiñas nada que ver, que coñeces por primeira vez, e que termina invitándote a pasar uns días cando queiras
á súa masía en Barcelona.
Bueno, pois da etapa en sí, o que máis se recorda é que son casi VINTEOITO KILÓMETROS, que manda trunfo. Menos mal que era o último día desta parte do camiño.
Ah! bueno, sí, tamén hai que falar da CALLE DO LAUREL. Buf, menudo viño teñen estes da Rioja, e tapas, buenooooooo. Si vindes a Logroño, e non pisadas esta rúa, é pa matarvos. Chula, con moitísimo ambiente, e acolledora, bo rollo, e....... veña po albergue, que pecha as 10.
Foi unha emotiva despedida, ¡e fai dous días que os coñecemos tú!, pero compartes moitas cousas, sufrimento, dor, etc. O caso é que por pouco dormimos na rúa.
Pois, esto foi o final desta primeira parte.
Abur.