O polvo do caminho

Diario duns peregrinos.

Hello!!!
Xa estamos aquí dubreses e dubresas, e novo emprendendo esta emocionante aventura.
Hoxe luns fixemos a etapa previa, ou sexa, viñemos en coche ata Logroño, así que moi cansados non estamos, as pernas non doen nadiña.
Contábamos de vir en autobús dende León a Logroño, porque así imos andando e en León collíamos outra vez o coche, pero saíunos furada, e o bus estaba "completiño de todo" e nos "nejros". ¿Qué fixemos?, pois vir nun taxi, cun tío de León enrollado. E unha lección que aprender, non te podes fiar de ninguén, porque chamamos a estación varias veces, pero nunca nos informaron ben, e pasou o que pasou.
Agora estamos no albergue municipal (é o mellor), ainda que pensamos que non tíñamos praza. Non é unha birguería, pero non está mal, ten internés, e debe ter unha fábrica de queixos no ático, porque a nos tocóunos alí, e non se para.
Polo de mais, UN CALOR!!!!, jod...., pero a ducha, sabe a gloria.
E NA MAIS, visitáde este blog e comentade o que queirades. Ata logo Lucas.

1 comentarios:

mami, marta e alberto dijo... 17 de agosto de 2009 a las 23:49  

esperamos impacientes o seguinte relato da aventura. moito ánimo, a disfrutalo e sin cansarse demasiado!
bicos aos 3