(VOLVER A VER ENTRADAS ANTERIORES, HAI NOVOS COMENTARIOS).
Pepe:
Hoxe é un día triste, moi triste. Alex abandonou. Cansado, vencido polos problemas físicos, desquiciado polo enorme esforzo que fixo nos últimos días. "Quén sabe quén será o próximo".
Dende aquí, dende este duro Camiño, quérolle dicir:
Alex, podes estar moi orgulloso, fixeches un montón de quilómetros, e tantas etapas como o ano pasado, e mais duras. Foches un compañeiro excepcional, sempre atento a axudar ós demais, sempre disposto, e conversador. Solo mira a xente que coñeceches e a experiencia de pisar un camiño con tanta historia, pola que pasaron tantos miles de persoas de todos os paises do mundo. Eso non cho vai quitar ninguén. Pero o camiño tamén é sufrimento, esa é a súa grandeza. Irremediablemente márcate, e sin duda sales impresionado e fortalecido.
Pero tranquilo, esto solo é un punto e seguido, así que nos contamos contigo. Solo che digo o mesmo mensaxe que había no albergue de Burgos:
"Tú ya llegaste, por lo tanto siente el placer en cada paso, no te preocupes por las cosas que todavía tienes que superar, no tenemos nada delante de nosotros, apenas un camino para ser recorrido en cada momento con alegría".
Onte non daba quedado dormido, pensaba en Alex, e tamén no que me esperaba a mín. Sin embargo a etapa de hoxe foi suave, e procurei cuidarme para futuros tutes. Vin moi amodo, para non machacar os puntos máis castigados do corpo. Parecía que tiña os pes planos. Onte estaban mal. Pola noite tiña na cama catro cremas, que si Voltarén, que si unha para as pernas, que si unha para as ampollas, xa logo non sabía onde botar unha e onde outra.
A etapa de hoxe era de Frómista a Carrión de los Condes. 19,20 Km. En condicións normais 5 horas. A mín levoume seis e media. Destacar, despois da Igrexa románica de San Martín en Frómista, moi bonita, o tempo de Santa María la Blanca en Villalcázar de Sirga. Un pórtico espectacular (ver fotos seguindo as fotos dos letreiros das poboacións, as fotos están primeiro ás máis recientes, polo que os letreiros están despois). Alí pareime, teño que decilo, a rezar á Virxe Branca (aparte das fotos). Xa que cando os peregrinos volvían de Santiago, pasaban por alí rezar para que os curara das feridas que tiñan, e a Santa obraba o milagro.
Polo demais, Carrión non daba chegado, os mosquitos non saían de riba, e nada, unha etapa máis.
BICOS A TODOS.
Publicado por
Palotes
3 comentarios:
ALEX ANIMOOOO!!!! TIENES QUE SENTIRTE MUY ORGULLOSO POR ESE ESFUERZO TAN GRANDE QUE HICISTES, ESO SI QUEDATE CON LOS BUENOS RECUERDOS DE ESTE CAMINO, AHORA A DESCANSARRRR..... BICOS. CHISCOS... SIGAN ADELANTE QUE USTEDES PUEDEN, YA CADA VEZ QUEDA MENOS. PRIMITO I LOVE!!!! JAJAJA. BICOSSSSSS. ANIMOOOOOOOOOO
Para Alex moito ánimo, q aínda q este ano tuvera q abandonar o camiño non significa q non poida seguir facéndoo noutro momento no q se encontre mellor!!
Papá, espero que o consigas! pero tampouco veñas destrozado eh! desde aqí dámosche as nosas forzas.. (si che serviran de algo jaja)
e para juan igual, a seguir adiante q vós podedes!!
xa vos qeda menos!
BICOS
ANIMO ALEX!! O CAMIÑO É MOI DURO E AS VECES HAI QUE FACER UN ALTO,ASI DE SINXELO,XA CONTINUARÁS.RELÁXATE E DESCANSA.E AOS OUTROS,QUE XA FALTA POUCO E AGORA SABEN QUE PODEN E QUE VAN A CHEGAR.E ADEMAIS DE ANDAR QUE SIGAN ESCRIBINDO, PORQUE NOS FAN VIVIR O CAMIÑO CON ELES.GRACIAS.BICOS.
Publicar un comentario