O polvo do caminho

Diario duns peregrinos.

Hola amigos!!
Onte no albergue de Astorga estivemos moi, pero moi ben, fundamentalmente porque nos tocou xuntos ós 4 na habitación. Esto supón que cando encendes a luz, non molestas a ninguén, porque os 4 nos poñemos de acordo para saír. O único que pode molestar son os ronquidos. De momento non é que se descanse moi ben, costa acostumbrarse, cada día nunha cama, nunha habitación, alguén que ronca, buf!.
Cando chegamos onte a Astorga, tíñamos en mente comer o famoso cocido Maragato, que e como se coñece nesta zona, pero ó final, declinamos. Igual facíase o ambiente irespirable na habitación de noite.
Esta etapa non ten moita historia, solo contar que fixemos algún quilómetro máis, porque en vez de acabar en Rabanal del Camino, decidimos chegar a Fondebadón, para que mañá non se faga tan pesada a camiñata. O final son 25,90 Km.
A historia do día resúmese en que chegamos a Rabanal del Camino, que tamén é un pobo pequeno, descansamos algo e seguimos para diante. O saír do pobo, encontrámonos un cartel do Retablo de Rafa. Pero a subida que nos esperaba era tremenda, calor e quilómetros, non dabamos chegado. Ó final, chegamos agotados, sudando como animales. O mellor do día, a ducha, coma sempre. Aí coincidimos todos, eso é unha gloria.
Descubrimos que hai un restaurante curioso. Restaurante Gaia. Preparado estilo medieval, o persoal vai ataviado cos traxes de época, e pratos e ambiente sitúante na idade media. Comemos cervo, despois dun bo entrante, regado por un bo viño. ¡Témolo ganado! qué coño. O señor do restaurante, pola tarde, cóntanos que ten que espantar seguido as vacas dun veciño, que se lle meten na propiedade. Son 200, e o veciño nin vive alí. En fin, alí son 4 casas. 3 albergues e un restaurante.
Pouco máis que contar.
Saudos.