Etapa FONDEBADÓN-PONFERRADA. 27 km.
Contar que esta noite en Fondebadón dormimos bastante ben. Os colchóns no chan, pero ben, sin maiores problemas. Saímos para Ponferrada, e vemos que non se acabara a subida donte. Puxémonos a andar ás 6 e algo, despois do desayuno. Tíñamos medo de que empezara a chover, pero ós poucos kilómetros xa quitamos as chaquetas, non facía frío ningún, e ó andar, empezas a sudar, e sobra. Chegamos a un dos símbolos do camiño, a Cruz de Ferro, pero é de noite, vese pouco, pero quitamos algunha foto. O sol estes días non sae ata despois das 8, e ata as 7:30 temos que andar coas linternas ou no se ve un pimento.
Empezamos a baixar, resulta que a baixada que espera é tremenda, porque pasamos dos 1.600 ós 500 m sobre o nivel do mar, nesta etapa. O bastón axuda moito, é onde te das de conta que non é ningún adorno.
Ímonos topando con xente, falamos un pouco con eles, e seguimos. Encontramos a Félix de Alcalá de Henares, e cóntanos un: ¿Qué le dice la hierba al sol?. Si me sigues calentando me hago una paja. Risas. Así pódense facer as cousas.
Pasamos por montañas preciosas, castaños enormes, Bierzo puro, precioso despois do páramo que pasamos. Despois dunha baixada tremenda, pasamos por un pobo todo restaurado, precioso, El Acebo. Inevitablemente comparamos con Bembibre, qué envexa. Despois pasamos por outro tamén moi parecido, Riego de Ambrós, ó chegar ó final do pobo, antes de meternos ó monte, outro cartel do Retablo. Rafa andivo kilómetros.
Chegamos a Molinaseca. Tamén é moi bonito, e cunha praia fluvial. Dende logo si non fora o camiño igual nunca coñecíamos esto.
Finalmente chegamos por fín a Ponferrada, solo hai un albergue, así que vai estar a tope. Non abre ata as dúas, esperamos. Está bastante ben, pero hai tanta xente que puxeron camas ata nun salón grande que ten de lectura e internet. Pola tarde facemos unha visita, polo menos ver o Castillo Templario. Moi bonito. Empeza a chover, tomamos algo. Joan o catalán acórdase dun compañeiro que viña con él (moi amigo) e que tivo que abandonar fai poucos días. Venlle as lágrimas ós ollos. Volvemos ó albergue.
Imos comprar algo para cear, fruta. Tomamos unhas cañas, e falamos cun tipo de alí de Ponferrada, cóntanos que a xente viviu alí sempre das minas fundamentalmente, e agora ta o asunto mal. Falamos do camiño, e dos pobos que hai por alí.
Bueno, como xa somos bastante coñecidos entre todos os peregrinos, estamos organizando unha comida para cando cheguemos a Santiago. Hai que ensinarlle os productos da terra.
Pola noite, falamos con Sonia, de Alicante, ven facendo o camiño cun cabalo, e co can. Ningúnha amiga quixo vir con ela. Ten problemas para conseguir pienso po cabalo, Juan queda de facerlle a xestión con xente que coñece. Xa quedou contenta.
E namais. A ver si conseguimos poñer as fotos que temos ata o momento, que son unhas cuantas.
Bicos.
Publicado por
Palotes
0 comentarios:
Publicar un comentario