O polvo do caminho

Diario duns peregrinos.

Saímos de Zubiri cara Pamplona. 20,8 km. A Juan cáelle o pantalón, dí que debíu adelgazar, pero cremos que ten a mesma barriga de antes. Seguimos. Segue parecendo Galicia. Hai moito verde, moito. Pasamos por sitios onde facemos fotos de cine. O camiño é estreito. Imos xunto ó Río Arga.
Ségueche dando tempo para pensar. Botas de menos a familia. O sol peta que xa lle vale. A mochila, a medida que transcurre o tempo, parece clavada nos osos. Pesa máis que antes, ainda que leves o mesmo. Qué coño levaréi aí atrás que pesa tanto.
Unha francesa vai detrás de Alex un cacho grande, non se despega. Non sabemos si vai a rebufo ou é por outra cousa..... O pai ven detrás nosa, non lle quita ollo á nena, por si acaso.
Chegamos a Villava, a terra de Indurain. Ponte de Arre. Metémonos nunha paisaxe urbana onde pareces perdido, non é o mesmo. Juan compra selos. Está pendente contínuamente de mandar postais. Sellamos unha primitiva, a ver si o camiño nos trae sorte. A señora fala moi amable con nos e déséxanos sorte. Pasamos xa o pobo de Burlada, está pegado coma si fose a mesma cidade. Saúdanos un poli local que nos desexa "Buen camino". Buscamos o albergue canto ántes. Non damos chegado. Atravesamos a Ponte da Magdalena e chegamos a Pamplona.
Josef falóunos do Albergue Paderborn, alí imos. Está moi ben, e ten pouco sitio, pero chegamos a tempo. Son amables, como nos anteriores.
Imos a comer algo. Pasamos pola rua Estafeta, Mercaderes, e esas, por onde se corre o San Fermín. Comemos ben e aproveitamos para dar unha volta.
Mandámoslle saúdos a todos os que ven este blog duns Dubreses no CAMIÑO. E de paso tamén un saúdo para Alberto Sacido, que ía vir con nos, e tivo que quedar alá. Unha apreta.

1 comentarios:

Salúdasevos desde Brión cunha envidia terrible. Pero a necesidade obriga. Parece que, despois de ler todos os post, o asunto é máis complicado do previsto pero tamén moi interesante en canto a xente e experiencia persoal.
Se as cousas non se torcen intentarei facer un anaco con vos o ano próximo. Moita sorte e gracias por acordarvos de min.
Un abrazo.
Alberto