O polvo do caminho

Diario duns peregrinos.

Saíamos de Pamplona/Iruña cara Puente La Reina. 24 Km. Pasamos pola rua Estafeta outra vez, tamén xunto á Catedral e varias igrexas moi chulas. Fan un bonito conxunto e alegra a vista do pelegrín dentro da paisaxe urbano. A impresión é que Iruña/Pamplona é unha cidade bonita, acolledora. E o San Fermín está presente.
Pasamos por Cizur Menor. Juan quedóu xa fai un cacho atrás. Tiña unha rozadura importante. Cháma a Pepe e Alex e di: "Non esperedes por mín oh, que xa vou indo". Resulta que nun sitio que botóu crema quedáronlle as gafas, e tivo que volver por elas. Hai que jod....
Imos cara o Alto do Perdón. Ó principio ben, pero despois comeza a complicarse bastante a cousa. Camiños empedrados, onde os pes sufren bastante e as pernas tampouco o agradecen nada. Paramos cando podemos, pero o pequeno descanso non alivia as dores.
Pepe quedouse atrás, Juan e Alex van diante.
Nuria, unha catalana de Amposta, comenta que nesta costa todo o que ten algo que purgar ou limpar na alma costalle moito subir. Ao final da tremenda subida acadase o perdón.
Chegamos ó Alto do Perdón. Sacamos fotos. A baixada é castigadora, bastante pendiente e pedras por todos lados. Pepe di que xa sabe onde están os músculos todos das pernas, dóelle todo. Pero aguanta.
Un letreiro recórdanos que faltan 747 km a Santiago. Pois é un alivio. Pasamos pola Ermita de San Salvador. Non hai quen aguante xa. O Sol peta que xa lle vale tamén.
Chegamos a Puente La Reina, no primeiro albergue xa entramos, non imos buscar mais. Recíbenos unha chica cun escote xeneroso. Agradécese, pero solo pensas en comer e ducharte. ¿E a quén encontramos aquí? A Josef, o austríaco, que nos indica por ónde se entra. Está moi ben. ¡Este home sabe dos mellores sitios coño!. Hai que preguntarlle a qué albergue vai mañán....
Comemos, e despois unha duchiña. Hasta hai hidromasaxe. Alex metíuse alí e non daba saído.
Pola tarde damos unha volta polo de Puente La Reina.
Pobo nado por e para o Camiño de Santiago.
Ten unha ponte románica, do século XI, fermosa, sobre o rio Agra. E tamén unha Calle Mayor, que ven sendo a arteria principal desta vila medieval.
Visitamos a Igrexa de San Pedro, onde esta a imaxe da Virxe de Txori.
Chamase porque un páxaro (txori en euskera), collía auga do rio Agra no pico e levaba esta auga para limpar a imaxe da Virxe.
Quedamos tamén impresionados pola Igrexa de Santiago e pola Igrexa do Crucifixo, ambalas-dúas da edade media.

1 comentarios:

Y digo yo... ¿os habreis quedado con el teléfono del tal Josef?
Habrá que pedirle toda clase de recomendaciones para la segunda fase!