(ANTES DE NADA MIRA ENTRADAS ANTERIORES, HAI COMENTARIOS NOVOS).
Pepe:
Bueno, pois hoxe deixamos o monumental Burgos, para emprender unha etapa difícil ata Hontanas, de 29,40 km, e unhas 7 horas de duración. CASI NÁ, co que levamos enrriba.
A primera parte de etapa, bueno, foise levando, sobre todo ata chegar a Rabé de las Calzadas, un sitio que me gustóu, e con xente amable. A un grupo de peregrinos, Alex incluído, invitounos unha señora a tortilla, sin mais. As casas son moi chulas, e algunhas conservan o escudo. O albergue tamén é unha chulada. (Nas fotos salen despois do letreiro co nome do pobo). Non parei alí, seguín ata unha área de descanso -Fuente de Prao Torre-, Alex ven atrás, e parece que bastante regular. Subindo encóntrome cunha foto curiosa, a porta dun ascensor nunha caseta que non sei si é ou non ascensor (ver foto). Chego á área de descanso, e nada mais chegar por fin usei algo que levaba na mochila dende o ano pasado e nunca me fixera falta (pero nunca se sabe), O PAPEL HIXIÉNICO, ja ja. Pois sí, fun alí o servicio, ejem, arrimado a unha árbore, primeira cag... do camiño. Saco as botas, venlle ben ós pes, como algo, chamo a Alex, e o pouco xa chega xunto a mín.
Proseguimos sin saber o que nos esperaba. Un traxecto que fixo que a etapa fora das máis duras do camiño, subida e subida, calor e mais calor, chegabas a un alto, e seguía outro alto, e así vinte veces. Acabóusenos a auga, e na miña vida me acordo de ter tan seca a boca. Os pes siguen mal, bastante mal, o sol pega na espalda fuerte e implacable. Alex viña atrás, e eu volvíame e procuraba animalo, pero íbamos os dous bastante mal. Fai un cacho puxen os auriculares con música. Si non fose por Beyoncé, Lady Gagá, El canto del loco, etc, non sei si chegaría. Polo menos algunha canción doume ritmo (fundamental).
Cando vin o letreiro de Hontanas 0,5 km, foi como si me tocara a lotería, pero seguimos e o pobo non daba aparecido, e de repente ¡bum! alí aparece no fondo. Eu xa non podía máis, cando cheguei ó albergue dixinlle á señora que, por favor, me dera un vaso de auga fría. Morría. Cansado, cheguéi moi cansado.
Despois de facer o de sempre (ducharse, lavar a roupa e comer), deiteime un pouco, pero os pes ARDÍANME, non aguantaba. Así que lle pedín á señora do albergue una bañera con auga fría, e ela dixo "pero espera que le pongo un poco de vinagre y sal". Cómo o agradeceron os pes, pensei que morría de gusto.
Hontanas e un pequeno pobo, que prácticamente non ten nada, nin super, nin farmacia, nin nada, solo un hostal-restaurante, e dous albergues. Eso sí, ten unha igrexa impresionante no medio. Sinal do camiño. E Alcalde, tamén ten alcalde, ainda que non sei moito para qué. Agora ben, fixo algo bo, unha piscina municipal, á que fomos pola tarde, que nos soupo a gloria. Non ten socorrista, nin é unha birguería, pero ¡qué baño!.
Bueno, e nada máis. Bicos.
Publicado por
Palotes
0 comentarios:
Publicar un comentario