(VER ÚLTIMAS ENTRADAS, HAI COMENTARIOS NOVOS).
Pepe:
A etapa de hoxe foi de Hontanas a Fromista, foron 34,60 km, e según a guía era de 8 horas e media. Saímos de Burgos i entramos en Palencia.
Levantámonos ás 4:45, para que non nos collera o sol a mediodía. Alí non nos deron o almorzo, así que esperamos a comer algo en Castrojeriz. Cando saímos están fora o sueco Stellan e Crisanto. Pero imos ver, ¿qué usan estes, EPO, anabolizantes, ou qué fan?
Non se vía nada, íamos con linternas e aínda así costaba. Pasamos de noite polo vello Convento de San Antón, qué pena non poder quitarlle unha foto. Hai cada monumento no camiño de Santiago que impresiona. En Castrojeriz tamén chama a atención (ver fotos) a Colegiata de Nuestra Señora del Manzano.
Non moito máis que comentar, como podedes supoñer foi unha etapa durísima, onde a xente foi chegando ó albergue moi cansada, e a moi distintas horas. Alex por exemplo, pasouno moi mal. Viña atrás con Juan, e despois Juan alcanzounos, pero él non iba nada ben, porque por enrriba das ampollas que tiña, saíronlle duas no talón que o destrozan. Hai unha subida tremenda na etapa, ata o punto que uns ciclistas chegaron alí, e deron volta para ir por outro sitio.
Eu fun todo o tempo con Paco, un valenciano, levábamos bo ritmo, pero eu tiña dolor. De feito díxome, "vas cojo, pero andas de cojones". Polo demais foi unha etapa para sentirse solo, e aí tes que quitar forzas, si podes, de donde sexa. A veces paras porque a mochila tela clavada nas costelas.
A entrada a Fromista é bonita, xa que pasamos por unhas "esclusas" históricas.
Un detalle a destacar, que forma parte do camiño: Paco pola tarde foi o médico, saíronlle uns granos, pensou que era unha alerxia. Pois eran ¡¡chinches!!. A primeira vez que as encontramos, e espero que sexa a última. A verdade é que son unha lotería. Rápidamente fomos Juan, Alex e eu a comprar un spray á farmacia para botarlle á cama, roupa e o que fose. Por riba de estar cansados, preocupados. No albergue dinnos que fumigaron esta mañán. (A veces teñen que pechar algún albergue para fumigalo). E o que hai.
Bueno, nada máis. Talogo.
Publicado por
Palotes
0 comentarios:
Publicar un comentario