O polvo do caminho

Diario duns peregrinos.

Hola:



A etapa de hoxe: Villafranca del Bierzo - O Cebreiro. Contábamos de desaiunar no albergue, pero alí non aparece ninguén. Marchamos, xa pararemos no camiño nun bar, si hai claro. Onte Sonia, a de Alicante avisou a Alex, ¿No roncarás?. Pero o peligro estaba polo outro lado, vaia serenata, ainda nos rimos algo antes de quedar dormidos.

A etapa de hoxe ven a ser a etapa reina, non solo polos kilómetros a recorrer: 28,4. Si non porque hai que ascender dos 500 ós 1.300 m de altitude, casi ná. Pero o peor é que nos últimos 7,5 km ascendemos 610 m. Trátase dunha etapa con merecida fama de dura. A costa do Cebreiro queda na mente de todos os peregrinos.

Ó principio imos a un ritmo fuerte, non parece que nos reservemos para o que nos espera. Quédome con Joan. Repasamos a vida, traballo, e as cousas que pasan. Morréulle inesperádamente a muller fai dous anos, e non o ten superado. Veu en certo modo ó camiño por eso. Coincidimos en que é bonito poder charlar así con alguén. Na vida normal é difícil estar 3 horas falando con unha persona desta maneira. A verdade é que nos caíu moi ben este Joan. Juan dille: "outros adoptan un neno chino, nos adoptamos un catalán.". Él encantado. É un tipo excelente. Esfórzase contínuamente por falar galego, e xa fala bastante.

Imos andando, encontrámonos con moita xente. Xente xoven, maior. Pasamos por Pereje. Aquí houbera incidentes fai anos entre o abad do Cebreiro e os cluniacenses de Villafranca, xa que o Cebreiro dependía administrativamente de Villafranca. Pasamos por Trabadelo, vemos castañas e mais castañas. Aquí a recollida das castañas en outono é unha actividade importante.

Pasamos por Vega de Valcarce, ese pobo que todos paramos algunha vez, de paso, cando íamos fora de Galicia. Paramos para tomar algo e airear os pes, coma sempre. Pasamos por Herrerías, e por último está o barrio de Hospital, aquí xa oín falar galego por primeira vez, ainda que estamos en León. Chámase así porque houbo un hospital no século XII. Aquí comeza a subida ó Cebreiro. Primeiro subimos por carretera, cada vez fáise máis dura. Acórdome de fai poucos días cando indo en bicicleta dixome Alfonso o veterinario: "regula, non te reventes ou tes que parar". Así o fago, ainda que vaia a pé. Chama Juan, vos augurios, según él, acaba de cagarlle enriba unha paloma.... (xa é a segunda vez no camiño). Seguimos subindo, cada vez acórdome máis da mochila, e sobre todo de sua nai. As vistas son espectaculares, pero non paramos de subir. Camiño de pedra, unha subida do 10%. Hai que parar a beber auga.

Cando parece que xa chegáramos porque aparecen unhas casas, resulta que ainda estamos en La Faba. Síguese subindo, e moito, non se da acabado. Pasamos por un "mojón" que indica que entramos en Galicia. Foto. Pero seguimos subindo. Por fin, chegamos ó pobo do Cebreiro. As vistas son indescriptibles. O Cebreiro é bonito, é unha parroquia pertenecente a Pedrafita do Cebreiro, porto recordado por todolos automovilistas. E un poblado de pedra a 1.300 m de altura. Ten un tempo prerrománico de Sta María la Real (siglos IX e X. Alí vemos a tumba de Elias Valiña, párroco do Cebreiro e gran promotor do camiño. Foi o autor das flechas amarillas, que nos guían a todos para chegar aquí. Hai restaurantes, albergues, hoteles.

Pola tarde imos ver unha palloza de pedra, que mostra cómo vivían os antigos habitantes do Cebreiro. A media tarde levamos ós demais a probar un bo polbo e pimentos de padrón, regados por un mencía. Todos encantados.

Saúdos.

Pepe.