Hola:
Este día a etapa transcurríu de Ponferrada a Villafranca del Bierzo. 24 km.
De primeiras damos un rodeo pa saír que non vexas. Pasamos xunto a unha Virxe Branca, que mira o camiño. De noite o regueiro de peregrinos que imos, formamos unha línea con luces brancas que seguro que vistas dende o ceu son unha pasada. Levamos un ritmo moi bo. Joao Bautista, o brasileiro, vai alá diante, guiando os nosos pasos. O día está estupendo coma onte.
Aí polas 7:45, cando levamos andados 8 km, tomamos un café. Vennos moi ben, xa que non poidemos desaiunar antes de saír. Xuntámonos no bar un bo grupo, xurden bromas. Joao Bautista arranca como unha moto outra vez, co seu característico bo humor, sae cantando a súa canción de sempre, "volare, oh, oh. Cantare, oh, oh, oh, oh". Déixanos un poso de bo rollo que non vexas. Con este ánimo afrontamos o que sexa.
Saímos outra vez, despois de almorzar e airear os pés. Un pouco despois vemos cómo recollen a uva do viño. Pasamos xunto a unha pedra, alguén lee o que pon, faltan kilómetros 195. Outro contesta, "por el culo te la hinco" "y luego brinco" apunta outro.
Empeza a orballar máis si cabe (xa viñan caendo gotas dende fai un anaco). Ó chegar a Cacabelos chove xa bastante. Levamos os chubasqueiros, e xa cubrimos a mochila, pero empapámonos igual. Entre a auga que entra pa dentro e a sudor....
Pasamos varias bodegas de viño. Aquí abunda o mencía. Métome por un camiño de barro, póñome de barro ata arriba. O cabrón pégase as botas que non hai forma, e resbalas. Volvo para atrás, e dígolle a uns ciclistas que ían ir por alí e ó resto da xente que non vaian. Terminos indo pola carretera. A verdade é que imos moitas veces pola beira da estrada, é un peligro.
Chegamos a Villafranca, xa aparecen os primeiros monumentos. Bonitos. Imos ó albergue Viña Femita. Vaia sorpresa, con duchas hidromasaxe, camas sin literas. Estamos na gloria.
Despois de lavar a roupa, imos a comer, aconsellados pola xente da zona ó Restaurante Don Nacho, non sin antes tomar unhas cañas no Restaurante Compostela. Comemos ben, recomendable. Juan probou o botillo, famoso destas terras.
Pola tarde visitamos a cidade. E bastante bonita. Imos visitar a iglesia de Santiago, e a porta do Perdón que hai nela. Os peregrinos que non podían continuar a viaxe, podían conquerir aquí o perdón dos seus pecados.
Compramos algo e tomamos algo con Félix, Yasmín, e outros. Félix conta o mal que o pasou de noite, porque lle tocou un veciño ó lado da cama que non solo roncaba, si non que tamén "espeideaba" que daba gusto. Félix mentras non se daba quedado dormido pensaba, ¿Y con las orejas no haces nada tío?. Con estes e outros detalles, rímonos a fartar.
Bueno, non hai moito máis que contar. Ata logo.
Pepe.
Publicado por
Palotes
0 comentarios:
Publicar un comentario