O polvo do caminho

Diario duns peregrinos.

Hola:

Etapa O Cebreiro - Triacastela. 21 km. Despois da xornada de onte, esperamos ter un día máis tranquilo, ademais non son moitos kilómetros. Pero os comenzos son malos. Seguimos con bastante subida, e parece que imos pola tónica de onte. Estamos nada mais e nada menos que na serra do Caurel. Pasamos pola parroquia de LIÑARES, (Santo Estevo de Liñares), con igrexa prerrománica incluída. Pasamos por Hospital e polo Padornelo, reino das losas de pizarra. Levamos tempo preguntándonos onde cóño haberá un sitio para almorzar. Preguntámoslle a un señor no Padornelo, dinos que ó acabar a subida, hai dous bares. Si nos chega a decir que non, xa lle íamos pedir algo para beber.

Chegamos arriba ó Alto de Poio, sin alento. No primeiro bar, estratéxicamente situado, paramos. Parece unha taberna que non vai ter moita cousa, pero a xente está preparada de raios, esto do camiño, espabílaos. Ten cafés, tostadas, zumo de naranxa natural... o que sexa, coma en calquera cafetería que se precie. En fin, seguimos a xornada sin grandes sobresaltos. Pasamos por Filloval. Aquí os peregrinos antiguamente collían unha pedra calcárea para levala ós fornos de cal de Castañeda en Melide. Pasamos pola ermida máis pequena do camiño de Santiago. As vistas seguen a ser chulas. As Rubias Galegas, pasean polas leiras todas rufas.

Finalmente chegamos a Triacastela, así denominada porque antigamente había tres castelos. Non queda nada deles, nin do hospital de peregrinos. O pobo funciona de cara ós peregrinos. Hai varios locales e ten bastante vida, é coma os sitios onde se veranea, a xente comendo nas terrazas e todo eso.

O albergue está normalillo. Fomos ó da Xunta, ainda que hai máis. Pero está bastante vello, necesita unha reforma. Comemos no bar do lado do albergue. Bastante ben. A xente que non coñece ben Galicia, queda encantada cos pratos que hai, e os locais todos onde comemos cumpren, moi pero que moi ben.

Pola noite facemos o primeiro "Concilio", onde nos reunimos o grupo de "Prelados" para decidir a qué albergue imos o día seguinte. Rímonos xuntos e reservamos xa nun albergue. Hai unha cousa moi clara, cada ún vai cómo vai, facendo o camiño, pero os albergues son importantes, e en Galicia xa hai moitos problemas para reservar, porque empeza moita xente a facer os últimos kilómetros para cumplir co rito xacobeo. Pero si non chegas a tempo o albergue, ou reservas nun albergue privado, quedas fora, xa que chega unha hora que xa non hai praza en ningún sitio. De feito xa empezamos a ver moitos peregrinos sin mochila, e outros que ves que son novos porque non os viches antes de hoxe.

Bueno pois damos unha volta por alí, vémolo partido de fútbol no bar de enfrente (o Barcelona gana coma sempre), e compramos algo no super para a noite.

Nada mais, ala talogo.

Pepe.